Volver á paxina principal

Concello: Grupos Municipais

Conforme os resultados das eleccións municipais celebradas en 2007, na corporación viguesa teñen representación tres formacións políticas.

Partidos

Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE | Bloque Nacionalista Galego | Partido Popular

PSdG-PSOEPartido dos Socialistas de Galicia-PSOE

Abel Caballero Álvarez

Ponteareas, 1946. Catedrático de Economía e doutorado na Universidade de Cambridge. Foi ministro de Transportes entre 1985 e 1988, presidente do PSdeG-PSOE e, nos dous últimos anos, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

María Jesús Lago Rey

Vigo, 1964. Única alpinista española en escalar o Everest sen osíxeno artificial, e terceira na historia. Viguesa e Galega distinguida, ademais de medalla de Bronce da Real Orde do Mérito Deportivo. Ten o título superior de Deportes.

Santos Héctor Rodríguez

Desde hai 14 anos ata época recente foi secretario comarcal de UXT. O seu labor no ámbito sindical iniciouse no comité de empresa de El Corte Inglés.

Isaura Abelairas Rodríguez

Directora do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán de Vigo desde 1993, Abelairas ten unha intensa vida política. Así, ten sido concelleira, deputada provincial, presidenta da Comisión da Muller, membro dos comités Comarcal e Nacional do PSdeG e do Comité Federal do PSOE.

Ángel Rivas González

Vigo, (Cabral) 1960. É o director xerente dunha empresa vinculada á construción e á minería desde 1997. Forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria do porto de Vigo. Militante activo do PSOE desde fai 22 anos, onde desempeñou varios cargos orgánicos sendo na actualidade o secretario de organización da agrupación de Vigo, así como membro do Comité Nacional Galego e da Comisión de Listas do PSDEG-PSOE.

Laura López Atrio

Licenciada en Psicopedagoxía e profesora de Educación Secundaria no Instituto Politécnico, Laura López é militante activa do PSOE desde hai 17 anos. Ten desenvolvido unha intensa actividade con asociacións de mulleres e colectivos de igualdade de xénero.

Raquel Díaz Vázquez

Doutora en Economía, profesora da Universidade de Vigo e vicedecana de Relacións con Empresas na Facultade de Económicas. Ten publicado numerosos traballos científicos e participado en proxectos de investigación e congresos nacionais e internacionais.

Xulio Calviño Rodríguez

É profesor titular na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo. Na actualidade é portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e ademais foi membro da Executiva Galega e Local. Fundador da Asociación de Veciños do Calvario.

Carlos López Font

50 anos. Licenciado en Ciencias Políticas. Iniciou a súa vida sindical en 1982, sendo secretario xeral da Federación de Servizos Públicos de UXT de Pontevedra. Foi membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE. Traballa no Porto desde 1992.

BNGBloque Nacionalista Galego

Santiago Domínguez Olveira

Vigo, 1964. Foi director xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e concelleiro no Concello de Vigo de 1995 a 2005. No período 1999-2003 foi responsable de Deportes, Xuventude, Sanidade e Consumo. De xullo a outubro de 2003 foi concelleiro de Cultura. É diplomado en Ensino e traballou como profesor de galego, inglés e lingua española. Posúe o título de adestrador nacional de baloncesto.

María Xosé Méndez Piñeiro

Portonovo, 1955. Licenciada en Medicina, é especialista de Medicina Interna no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e foi profesora de Tecnoloxía Sanitaria. Pertence á Asociación en Defensa da Sanidade Pública, a Médicos sen Fronteiras e a Médicos do Mundo. Entrou na corporación viguesa en xullo de 2003 e foi concelleira de Participación Cidadá.

Francisco Xabier Alonso Pérez

Vigo, 1950. É operador técnico de Telefónica. Foi concelleiro na primeira corporación democrática de 1979 no Concello de Vigo e candidato do Bloque Nacionalista Galego ao Congreso nas primeiras eleccións democráticas do ano 1977. Foi responsable local e comarcal do BNG e participou activamente na formación do sindicalismo nacionalista. É atleta veterano do Club Veteranos de Samil.

Iolanda Veloso Ríos

A Coruña, 1972. Licenciada en Tradución e Interpretación. É profesora asociada na Universidade de Vigo e tradutora e intérprete na empresa Galingua C.B., da que é administradora. Conta cun máster en Dirección de Negocios Internacionais e fixo o secretariado bilingüe na Coruña. Foi a profesora mellor valorada da Universidade de Vigo polo alumnado nas enquisas de avaliación docente no curso 2004-05.

Xesús López Carreira

A Coruña, 1957. Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. É director do Instituto de Educación Secundaria Pedras Rubias, de Salceda de Caselas e antes foi director do CPI Altamira do mesmo municipio. Foi responsable local do Bloque Nacionalista Galego e fundador do Club de Xadrez Altamira.

PPPartido Popular

José Manuel Figueroa Vila

Mos. 45 anos. Empresario e concelleiro no Concello de Vigo desde 1987, na actualidade é o Secretario Xeral do Partido Popular de Vigo e Vicesecretario Xeral do Partido en Galicia. Concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo do 1995 ao 1999. Entre 2003 e 2007 foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo e Medioambiente, Vicepresidente da Diputación de Pontevedra da área económica e presidente do Padroado de Turismo "Rías Baixas".

Antonio Martiño Gómez

34 anos. Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Vigo. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. D.E.A. en Dereito do Traballo e Letrado do Tribunal de la Rota. Exerceu como xuíz substituto desde 2000 ata 2005 e na actualidade é letrado asesor do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

Elvira Larriba Leira

45 anos. Licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Museoloxía, pola Universidade de Santiago, e técnico en Documentación. Completou a súa especialización nas áreas de Historia da Arte, Xestión Cultural e Coordinación editorial. Na actualidade desenvolve o seu labor profesional no Museo "Quiñones de León" de Vigo.

Carlos Comesaña Abalde

58 anos. Estudou Formación Profesional e Dirección Técnica de Carpintería. En 1987 incorporouse como vocal á Entidade Local Menor de Bembrive, da que foi alcalde pedáneo desde 1998 ata 2003. No anterior mandato foi concelleiro de Vías e Obras.

Jorge Conde Gil

37 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Navarra. Ademais ten estudos de Doutorado e título de experto en Dirección de Administracións Públicas pola Universidade de Vigo e Caixanova. Na actualidade exerce como avogado e é vocal de Dereitos e Garantías do Comité do PP de Galicia.

Antonio Coello Bufill

60 anos. Licenciado en Dereito e funcionario de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social. Entre outros cargos, ten sido xefe de equipo de Inspección na Inspección Provincial de Traballo en Vigo e, desde 1994, foi delegado da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local na provincia de Pontevedra. Concelleiro de Mobilidade e Seguridade no anterior mandato.

Marta Iglesias Bueno

36 anos. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Máster en Organización e Dirección Turística e en Desenvolvemento Local e Emprego. Na actualidade é axente de emprego e desenvolvemento local. No mandato 2003-2007 foi concelleira de Servizos Sociais e Participación Cidadá.

Miguel Fidalgo Iglesias

36 anos. Licenciado en Ciencias Empresariais e en Ciencias Económicas e Máster en Dirección Comercial e Márketing. Técnico superior de información especializada no Instituto Galego de Promoción Económica. Traballou en comercio exterior (ICEX) nas Embaixadas de España en Chile e Portugal.

Marián García Míguez

34 anos. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é directora da Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra e exerce como psicóloga en Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres e na Asociación Galega de Glaucoma. Ademais, é coordinadora do Proxecto de "Mañás Vecinais" para a Federación Veciñal "Eduardo Chao".

Carlota Muñoz Posse

31 anos. Diplomada en nutrición humana e dietética. Empresaria. Formou parte do Comté Ejecutivo de Nuevas Generaciones del Partido Popular de Vigo no período 1999-2007. Actualmente é Vocal do Comité Executivo do PP de Vigo.

Pablo Beiro Diz

46 anos e veciño da parroquia de Canido. Na actualidade rexenta un quiosco de venda de prensa sendo ademais traballador da ONCE. Fundador da Asociación de Lesionados Medulares e Minusválidos Físicos. Presidente do Club AMFIV de basket. Militante activo do Partido Popular desde hai varias décadas.

Ignacio López-Chaves Castro

45 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Dereito da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo. Entre 2003 e 2007 é Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, cargo que compatibiliza co de Deputado autonómico desde 2005.