Escudo Concello de Vigo

Organización Municipal

Actuacións de Oficio

Alén das consultas diarias, intervencións, entrevistas e expedientes, dentro do seu ámbito competencial, o Valedor do Cidadán promove a realización de Actuacións de Oficio.

Desde a súa creación, a Oficina do Valedor do Cidadán realizou diversas Actuacións de Oficio, das cales destacamos, polo seu interese, as que, a seguir, se mostran.

 

Contribución cambio climáticoContribución local ao cambio climático global. Aplicación ao municipio de Vigo: A Oficina do Valedor do Cidadán publicou o estudo "Análise da Contribución do Municipio de Vigo ao cambio climático" incluíndo un inventario de emisións CO2 con base no ano 2003. Posteriormente, o feito de que o IPCC (Panel Intergobernamental do Cambio Climático) mudase as directrices establecidas para a elaboración dos inventarios de gases de efecto invernadoiro facía necesaria unha actualización da contribución local de Vigo ao cambio climático global. Este é o obxectivo principal deste estudo, ben como actualizar o Indicador Común Europeo de Sustentabilidade A2. Os cálculos determinados permitiron cuantificar as Tn de CO2 equivalentes do municipio de Vigo e comparalas coas doutras cidades españolas e europeas que seguiron a nueva metodología de cálculo proposta polo IPCC.

 

Percepción cambio climáticoPercepción de la ciudadanía viguesa sobre el cambio climático: Este estudio pretende dar a coñecer en que medida a cidadanía viguesa percebe a realidade do cambio climático a partir dunha enquisa local aplicada a unha mostra representativa de 1511 persoas. O obxectivo fundamental é coñecer, entre outros aspectos, os coñecementos e crenzas que posúe a cidadanía de Vigo sobre este fenómeno, ben como o potencial de ameaza percebido pola poboación, as actitudes e comportamentos individuais, a valoración das medidas que deben implementar tanto administracións como a cidadanía para reducir as emisións de CO2. Tamén inclúe unha análise pormenorizada das actuacións institucionais desde a Primeira Conferencia sobre o Clima de Xenebra (1979) até a Conferencia Internacional Sobre Cambio Climático (COP21/CMP11) de París de 2015.

 

SmartCitySMARTCITY. Implantación dun sistema intelixente de estacionamento en espazos libres na cidade de Vigo:Este estudo descrebe unha solución no ámbito da cidade intelixente (smart city) para a problemática do estacionamento urbano en espazos libres. En primeiro lugar, realízase un estudo detallado do concepto smart city e da súa extensión a nivel europeo e estatal. A seguir, a partir dun estudo dos tempos de estacionamento en espazos libres en 14 zonas representativas da malla urbana da cidade de Vigo, desenvólvese unha proposta de implantación dun sistema intelixente de estacionamento nunha das zonas máis críticas entre as avaliadas.

 

Asociacionismo culturalO Asociacionismo cultural no Municipio de Vigo:Esta Actuación de Oficio pretende dar a coñecer a situación actual do tecido asociativo cultural no municipio de Vigo. Para iso, enviouse un cuestionario ás asociacións culturais, analizando os resultados en función de parámetros como o ámbito territorial de actuación, fins e actividades, instalacións, financiamento ,... O estudo descrebe o concepto de cultura e mergúllase no asociacionismo cultural observado no Estado español, en Galicia e, fundamentalmente, no municipio de Vigo, no que se analiza a evolución histórica do movemento veciñal e a do asociacionismo.

 

Indicador B7Seguridade Cidadá. Aplicación ao municipio de Vigo e perspectiva comparada: Para levar a cabo este estudo sobre seguranza cidadá no ámbito municipal de Vigo foron realizadas aproximadamente dúas mil enquisas na vía pública através de entrevista persoal con cuestionario. Os resultados obtidos foron comparados cos existentes noutras cidades europeas. Foron determinados, entre outros, aspectos como o grao de satisfacción coa seguranza cidadá no municipio e na zona de residencia, tipoloxía dos delitos máis temidos, principais causas da delincuencia, medidas de autoprotección, taxa e tipoloxía de vitimización persoal, taxa de denuncia e motivos da súa non denuncia, instancias de denuncia e as súas motivacións, chamadas aos servizos de emerxencia ou eficacia das forzas de seguridade. Todos estes parámetros permiten coñecer a seguranza cidadá obxectiva e subxectiva da poboación de Vigo.

 

Habitos ConsumoHábitos de consumo. Perspectiva comparada e estudo específico no municipio de VigoEste estudo trata de analizar os parámetros que configuran o termo xenérico de "boas prácticas ambientais", o cal está ligado con catro hábitos de consumo específicos de enerxía, auga, xeración de residuos e consumo responsábel. Para iso levouse a cabo unha investigación demoscópica para dar a coñecer aquelas prácticas de consumo que configuran unha parte da idiosincrasia viguesa. Os datos obtidos son analizados de forma global, por zonas de residencia, xénero, idade e situación socio-laboral.

 

Indicador B7 Xestión sustentábel da Autoridade local e das Empresas locais. Aplicación ao Municipio de Vigo (2012) Este estudo é baseado no Indicador Europeo Común B-7, que leva en conta os principios da Responsabilidade Social Empresarial (RSE), e serve para cuantificar o número de entidades que empregan procedementos de xestión sustentábel en relación ao número total de empresas presentes nunha determinada área. Identificar as empresas certificadas segundo a norma ISO 14001 ou EMAS, pois son instrumentos de xestión ambiental voluntarios certificados a nivel europeo e internacional.

 

Discapacidade Discapacidade. Perspectiva comparada e Estudo específico no Municipio de Vigo (2012) Utilizando unha metodoloxía semellante á de "Pobreza e exclusión social", é analisada a situación das persoas con discapacidade a partir de tres perspectivas diferentes (cidadanía, persoas con discapacidade e responsábeis das entidades especializadas na atención a este colectivo). Trátase dun estudo de lectura obrigatoria para poder implementar efectivamente políticas activas e outras medidas de integración social deste colectivo que representa case unha décima parte da poboación.

Percepción cidadá sobre a calidade de vida (2011): Co obxecto de integrarse no deseño e programación do Urban Audit, dependente da Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, esta Valedoría do Cidadán levou a cabo unha enquisa sobre a calidade de vida en Vigo, seguindo a mesma metodoloxía implementada por 75 cidades europeas que asinaron a Carta de Aalborg (Carta das Cidades e Poboacións Europeas cara á Sustentabilidade). Desta forma, conseguiuse que o uso de criterios de medición uniformes servisen para comparar os valores obtidos en Vigo coa media e con cada unha das cidades europeas participantes no estudo do Urban Audit. Aproveitando esta circunstancia, foi ampliado o cuestionario da enquisa para indagar sobre a percepción cidadá relativamente á evolución experimentada por algúns indicadores para o período 2007-2011, así como tamén para comparar esa mesma percepción con outras cidades galegas. Ver en galego / Ver en castelán.

Pobreza e exclusión social. Perspectiva comparada e estudo específico do municipio de Vigo (2011): O obxectivo deste estudo é, a partir dunha perspectiva comparada, analizar as causas da pobreza e da exclusión social de forma específica aplicada ao municipio de Vigo. Metodoloxicamente, os catro primeiros apartados nos que se estrutura o estudo, refírense á perspectiva histórica da riqueza e pobreza das nacións, para centrarse posteriormente na análise da situación da pobreza e a exclusión social na UE, España e Galicia. Finalmente, nunha última parte, analízase esta situación en Vigo desde tres ópticas diferentes, mais relacionadas entre si, que abarcan a opinión das persoas profesionais e voluntarias dos centros e asociacións públicas e privadas, a experiencia que poden ofrecer as persoas acollidas nesas institucións relacionadas co combate á pobreza e á exclusión social e a percepción da cidadanía viguesa sobre este tema. Neste caso foi aplicada unha enquisa con certa similitude ás doutras cidades europeas, para poder así levar a cabo unha comparación entre as respostas obtidas a nivel local e as situacións, españolas e europeas, máis xerais. Ver en galego / Ver en castelán.

Análise DAFO dos distritos de Vigo (2010): Este estudo consiste na elaboración dunha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Forzas e Oportunidades) aplicada aos nove Distritos existentes en Vigo. Desta maneira pódense detectar as zonas do municipio con características e necesidades semellantes que aconsellen a implantación de políticas comúns de cara a unha descentralización administrativa no ámbito da sustentabilidade. Ver en galego.

Indicador común europeo de sustentabilidade A-4. A accesibilidade aos servizos básicos. Aplicación ao municipio de Vigo e comparación con outras cidades europeas (2010): A accesibilidade aos servizos básicos (sanitarios, paradas de transporte público, centros de ensino...) definidos polo Indicador Común Europeo de Sustentabilidade A-4 é un parámetro recoñecido internacionalmente como esencial na calidade de vida da cidadanía. Este traballo inclúe unha comparación detallada de Vigo con outras cidades europeas así como a evolución producida nos parámetros deste indicador no período 2003-09. Ver en castelán.

Encuesta sobre aparcamientos disuasorios. Análisis de los factores condicionantes para su planificación (2010): O principal obxectivo deste estudo, realizado mediante o método de enquisas postais a automobilistas que acceden a Vigo, céntrase en obter unha información fidedigna e actualizada sobre a opinión que teñen as posibles persoas usuarias con respecto a unha proposta de estacionamento disuasorio. Ver en castelán.

Aparcamientos disuasorios. Propuesta de aplicación en el municipio de Vigo (2009): Neste estudo realízase unha descrición detallada das principais características dos estacionamentos disuasorios, examinando as experiencias internacionais no uso destas instalacións e estudando os factores que inflúen no seu éxito ou fracaso. Tamén se revisan as metodoloxías empregadas internacionalmente na exposición, decisión de situación e modelización da demanda para unha correcta localización de tales aparcadoiros. Ver en castelán.

Indicadores comunes europeos de sostenibilidad A-3 y B-6. La movilidad local. Aplicación al municipio de Vigo y comparación con otras ciudades europeas (2009): A información achegada sobre os problemas que comporta o transporte urbano nunha cidade como Vigo, e as súas posíbeis futuras solucións, constitúe unha ferramenta imprescindíbel para a elaboración dun plano de mobilidade para a implantación dunha normativa de boas prácticas ambientais co obxectivo de conseguir unha cidade máis sustentábel. Ver en castelán.

Indicador común europeo de sostenibilidad A-1. Niveles de satisfacción de la ciudadanía con su comunidad local. Aplicación al municipio de Vigo y comparación con otras ciudades europeas (2009): A información obtida con este Indicador permite á administración local determinar, de forma concreta, aquelas medidas máis idóneas para mellorar a calidade de vida, só o criterio do desenvolvemento sustentábel, isto é, unha actuación pública que garanta o futuro económico, social, ambiental e patrimonial dunha cidade. Ver en castelán.

Percepción social do fenómeno do botellón. Aplicación ao municipio de Vigo (2008): Os diferentes estudos sobre o fenómeno do botellón ou garrafeo evidencian o carácter conflitivo deste fenómeno social en que coliden o dereito ao descanso da cidadania e o lecer xuvenil. A metodoloxía aplicada neste traballo pódese extrapolar a calquera outra cidade que teña este conflito. A análise tivo en conta as opinións que sobre o tema e as súas posibles solucións achegan os habitantes situados entre 14-26 anos e aqueles outros de idades comprendidas entre os 27 e 80, prestando especial atención ao grupo constituído polas persoas con fillos en idades entre os 14-26 anos.  Ver en galego / Ver en castelán.

Medidas de actuacións municipais para a redución das emisións dos gases de efecto invernadoiro en Vigo / Municipal measures to reduce greenhouse gas emissions in Vigo (2008): Identifica os principais sectores onde é posíbel lograr unha redución das emisións: sector eléctrico, o transporte e a xestión de residuos. As actuacións do municipio deberíanse encamiñar a actividades concretas que fomentasen unha redución do consumo eléctrico, un aumento no uso do transporte público e uso compartido do coche, así como unha maior participación da cidadanía na separación de residuos para a súa posterior reciclaxe, medidas que dependen da participación cidadá e que deben ser fomentadas pola administración. Ver en galego / Ver en inglés.

Gestión de la contaminación acústica. Análisis de la legislación estatal y propuestas de aplicación para la administración local (2008): Esta monografía analiza a normativa acústica existente nos ámbitos europeo, estatal, autonómico e local, achegando unha nova normativa e xustificación das propostas presentadas. Un traballo pioneiro e de utilidade para calquera administración pública que deba actualizar a súa ordenanza municipal de protección contra a contaminación sonora ou, se fose o caso, proceder á elaboración unha nova cuxo articulado se adapte á nova normativa estatal do ruído. Ver en castelán.

Hábitos de consumo sobre enerxía, auga, xeración de residuos e produtos que fomentan a sustentabilidade da cidadanía viguesa (2007): Este traballo analiza parámetros relacionados cos hábitos de consumo da cidadanía viguesa así como tamén o Indicador Común Europeo de Sustentabilidade B10 sobre os produtos que fomentan a sustentabilidade. Ver en galego.

Análise da contribución do municipio de Vigo ao cambio climático / A study of the city of Vigo`s contribution to climate change (2007): Este estudo determina os niveis de CO2 equivalentes e analiza as distintas actividades que o producen no municipio de Vigo. Constitúe, polo tanto, o paso previo na hora de deseñar un plano de mellora en relación coas accións que se deben pór en marcha para a súa correcta implantación nun ámbito local. Ver en galego / Ver en inglés.

A contaminación acústica nocturna na cidade de Vigo (2006): Esta monografía recolle os resultados e conclusións derivadas da contaminación acústica que produce o ruído das actividades de lecer nocturno e o xerado pola xestión dos residuos urbanos. Ver en galego.

Rutas de carrís para bicicletas no concello de Vigo (2006): Este estudo propón un modelo de mobilidade sustentábel, dando a coñecer as vantaxes do uso da bicicleta como medio de transporte saudábel, non contaminante, silencioso e respectuoso co medio. Cada percorrido analizado conta cunha ficha que contribúe para o seu coñecemento. Descargar Ver en bilingüe.

Rutas peonís no Concello de Vigo (2005): Estudo relacionado coas rutas peonís existentes na cidade de Vigo. De cada tramo analizado achégase unha breve descrición do itinerario, fotografías así como o deseño dun circuíto con sinalización dunha serie de indicadores que serven para o seu coñecemento e posibilidade de mellora. Ver en bilingüe.

As accesibilidades aos aparcamentos en espazos libres e aos servizos básicos: factores de mobilidade na cidade de Vigo (2004): Esta monografía relaciona as distintas variábeis que inflúen na problemática do tráfico rodado, abarcando os seguintes aspectos: accesibilidade, dispoñibilidade de servizos básicos, mobilidade local e contribución específica do transporte escolar.

Informe peonalización Praza Independencia (2003): Este estudo, motivado polo interese social suscitado pola reforma do espazo urbano levado a cabo polo Concello de Vigo no ambiente dunha praza pública, dá a coñecer a opinión da cidadanía sobre o proceso de peonalización e a súa influencia na calidade de vida.

Análisis de la influencia de la "doble fila" en el tráfico rodado de la ciudad de Vigo (2002): A partir de medicións reais, da súa cuantificación e zonificación, este estudo dá a coñecer aqueles parámetros e indicadores sobre o número de vehículos que circulan, aqueles que se encontran en dupla fila e o seu tempo medio de permanencia. O estudo contén propostas para mitigar os efectos desta práctica.