- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Cultura
- Igrexas e capelas
- Concatedral ou Igrexa de Santa María
Cultura
Concatedral ou Igrexa de Santa María
- Arquitecto: Melchor de Prado e Mariño
- Ano: 1811
- Localización: Rúa Palma, 6 - Praza da igrexa
Exemplo máis notable da arquitectura neoclásica galega.
Orixinariamente había outra igrexa que contaba cun cemiterio, pero debido ao mal estado desta e a que medidas lexislativas recomendaban a construción de cemiterios fóra do núcleo urbano decídese construír unha nova.
Hoxe en día acolle a imaxe do Cristo da Vitoria, de intensa devoción na cidade.
A planta é basilical de tres naves. A nave central é máis alta ca as laterais, estas últimas máis estreitas e con menos luz. A separación entre as naves faise a través de doce columnas dóricas co seu correspondente entaboamento con triglifos e metopas.
A fachada principal ten unha ornamentación sinxela, cunha composición clara e simétrica. O corpo central remata nunha ampla cornixa adornada con mútulas e perfis rectos, coroado o conxunto por un frontón triangular. Os corpos laterais están coronados por dúas torres xemelgas, máis barrocas ca o resto da edificación.
Cabe destacar o reloxo de sol, situado na fachada do lado dereito e colocado en 1837, obra do escultor Juan Agustín Domínguez. Este non está orientado cara ao sur como é o habitual, o cal fai que sexa singular. Este tipo de reloxos reciben o nome de declinantes.