Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Subvencións FSE

xunta_flag UE_flag logo Ayuntamiento de Vigo
Xacobeo 2021 Galicia

Actividade desenvolvida

Programa de Promoción e desenvolvemento persoal de mulleres perceptoras de RISGA

"El FSE Invierte en tu futuro"

Dende a perspectiva da Psicoloxía Positiva o proxecto establece como obxectivo xeral a promoción e desenvolvemento persoal acadando unha maior conciencia persoal e control dende o punto de vista cognitivo, emocional, e comportamental.

No proxecto programarase as sesións para o a adquisición/potencialización de destrezas facilitadoras de salud y protectoras ante factores psicosociales de risco.

As técnicas que se desenvolveran ao longo das aproximadas 15 sesións serán:

  • Relaxación progresiva
  • Identificación e cambio de pensamentos automáticos negativos
  • Técnica de solución de problemas
  • Comunicación asertiva

Total concedido 2018: 7479.34 euros

Total concedido 2019: 16483.79 euros

Actividade desenvolvida

Programa de Inclusión Sociolaboral de persoas perceptoras de RISGA do CMSS de COIA

"El FSE Invierte en tu futuro"

Tratase de establecer obxectivos e accións encamiñadas á superación de dificultades persoais, formativas e laborais; tendo en conta a perspectiva de xénero no relativo a elección e deseño do itinerario formativo laboral, o acceso ao mercado de traballo e o establecemento de mecanismos de conciliación.

O programa ten coma obxectivo xeral proporcionar mecanismos e ferramentas para a integración sociolaboral plena das persoas perceptoras da RISGA, residentes na zona atendida polo CMSS de Coia do Concello de Vigo con baixos perfís profesionais e aqueles que acadaran unha cualificación profesional recente e precisan apoio no acceso ao mercado de traballo.

Para o seu desenvolvemento establécese, de acordo coa persoa, un itinerario personalizado de inserción; no cal terase en conta as particularidades e necesidades específicas de cada colectivo así coma as características e fraquezas das persoas en función da súa situación persoal e familiar.

Total concedido 2018: 9749.60 euros

Total concedido 2019: 21912.23 euros

Actividade desenvolvida

Programa de Inclusión Sociolaboral de persoas perceptoras de RISGA e menores de 30 anos do CMSS R.ATIENZA

"El FSE Invierte en tu futuro"

O proxecto ten como obxectivo xeral mellorar as competencias e capacidades persoais para a inclusión social d@s menores de 30 anos perceptores de Risga do CMSS de R. Atienza.

Desenvólvese a través de itinerarios personalizados acordados coa persoa, que se levan a cabo mediante diferentes técnicas( entrevistas personalizadas e grupos de traballo, etc).

Aplícase transversalmente nas accións realizadas a perspectiva de xénero.

Total concedido 2018: 8983.56 euros

Total concedido 2019: 19763.83 euros