Escudo Concello de Vigo

Servizos Cidadanía

Lingua

Oficina do Servizo de Normalización Lingüística

  • Enderezo: Praza do rei 1, 1º andar. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 281.
  • Fax: 986 61 63 64
  • E-mail: ofi.normalizacion@vigo.org
  • Web: snl.vigo.org , facebook
  • Horario de Oficina: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
  • Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo, é unha ferramenta a disposición de toda a cidadanía e constitúe un instrumento indispensable nos procesos de recuperación e dinamización da lingua.

Os seus obxectivos prioritarios son incrementar o coñecemento e o uso do galego, así como recobrar o prestixio da propia lingua, garantindo a súa presenza en todos os ámbitos.

O labor do SNL desenvólvese en dúas vertentes: lingüística e dinamizadora, e en dous campos de actuación: a administración e o termo municipal.

As súas accións céntranse fundamentalmente en:

  • Asesoramento lingüístico de particulares e empresas.
  • Información sobre cursos de lingua galega, lexislación, dereitos e deberes lingüísticos, materiais, axudas económicas para a galeguización...
  • Campañas que incidan no uso e valoración da lingua galega, actuacións estas realizadas individualmente polo Concello, ou conxuntamente con outras institucións, asociacións... e sempre implicando nelas aos vigueses e viguesas.
  • Biblioteca

A Comisión Cidadá de Normalización Lingüística e o Consello Social da Lingua xorden coa intención de obter a participación dos cidadáns e cidadás.

Ordenanza de Normalización Lingüística: ordenanza de normalización lingüística que regula a relación administrativa entre a cidadanía e a administración local.