- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Igualdade
- Centros e asociacións de mulleres
- Centro de Emerxencia para mulleres
Igualdade
Centro de Emerxencia para mulleres
Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de Violencia de Xénero
- Teléfono: 986 29 39 63.
- Horario: aberta as 24 horas do día.
O Concello de Vigo, en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Secretaría Xeral de Igualdade , ven de pór en marcha o Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de Violencia de xénero.
Este Centro, que forma parte da Rede Galega de acollemento, nace coa finalidade de proporcionar aloxamento inmediato e de curta estancia ás mulleres ( e ás súas fillas e fillos) que se atopen inmersas nunha situación de malos tratos, garantíndolles un acollemento de emerxencia mentras se valora a súa situación, se inicia o tratamento ou se efectúa unha derivación a outro dispositivo máis axeitado.
Para recibir máis información ao respecto pódese contactar a través do teléfono municipal de atención 24 horas: 986 293 963
