Escudo Concello de Vigo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) aspira a reforzar a cohesión económica e social rexional a través do investimento en sectores que fomentan o crecemento para mellorar a competitividade e a creación de emprego. O FEDER tamén financia proxectos de cooperación transfronteriza.

O FEDER ten por obxecto o fomento dun desenvolvemento armonioso, equilibrado e sustentable da Unión Europea (UE) corrixindo algunhas das diferenzas nos niveis de desenvolvemento das súas rexións. Todas as rexións dos Estados membros son subvencionables, pero a axuda concedida dependerá das prioridades da UE e do tipo de rexión.

O orzamento para o período 2014-2020 é superior a 185.000 millóns de euros e concentrará os seus investimentos en catro ámbitos fundamentais:

  • Innovación e investigación
  • Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
  • Axudas a pequenas e medianas empresas (pemes)
  • Fomento dunha economía de baixas emisións de carbono

Estratexias de desenvolvemento urbano sostible integrado (DUSI)

O artigo 7 do Regulamento FEDER (Regulamento (UE) n.º 1301/2013), recolle que ao longo do periodo 2014-2020 polo menos un 5% dos recursos deste fondo deberá ser destinado a financiar medidas integradas para o desenvolvemento urbano sostible. As cidades, os organismos subregionales ou locais responsables da aplicación de estratexias urbanas sostibles serán os encargados das tarefas relacionadas, polo menos, coa selección das operacións.

De acordo con esta previsión regulamentaria e tendo en conta a importancia do desenvolvemento urbano sostible e a contribución das cidades aos obxectivos da Estratexia Europa 2020 para un crecemento intelixente, sostible e integrador na UE, neste periodo as cidades e áreas urbanas españolas teñen a oportunidade de recibir financiamento para o desenvolvemento das súas Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) no marco do Acordo de Asociación de España 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea con data 30 de outubro de 2014 e do Eixe Urbano dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostenible (POCS) 2014-2020.

área de estrategia dusi 2
Logos