Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Outras Consultas Cidadáns

Para o concello é importante que os veciños sintan a cidade como súa e que as súas opinións teñen importancia na xestión municipal. A forma máis sinxela de conseguilo é pulsando o sentir popular mediante a exposición iniciativas municipais dando opcións de decisións mediante enquisas, propostas libres, etc.

No concello celébranse periodicamente estes procesos, normalmente a través do portal web, pero tamén se aceptan outros medios que a veciñanza desexe empregar, como correo electrónico ou instancia ante o Rexistro Xeral.

As campañas teñen carácter puntual e atenden a unha grande diversidade de disciplinas como promoción económica ou turística, mobiliario urbano, ordenación urbanística, grandes obras da cidade,...

  • Promoción Illas Cíes: Pon nome á gaivota: O roubo dunha cámara por unha gaivota e o vídeo fortuitamente gravado por ela son a base da campaña municipal para acadar que a UNESCO distinga ás Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Co pulo de tódolos ámbitos municipais, dende o concello pídese aos cidadáns que escollan un nome para a gaivota como mascota da campaña.
  • Nome do auditorio:  Unha das obras mais importantes na cidade nos últimos anos foi o Auditorio Municipal. Vigo non contaba cun auditorio de seu e pasaron dez anos dende a presentación do proxecto ata a súa inauguración no ano 2011. Para celebrar a posta en marcha definitiva, dende o concello instouse á veciñanza para que bautizara o do novo recinto e habilitou no portal web do concello un formulario para que se presentaran todas as propostas que se quixera. Neste formulario, cada persoa podía identificarse mediante o seu correo electrónico, indicar o nome que se propuña e expoñendo, se así se desexaba, os motivos para escoller a súa opción. Tras o estudo de tódalas propostas populares e deliberación definitiva, escolleuse o nome de "Mar de Vigo".
  • Ser muller é unha boa idea: A concellería de igualdade do concello de Vigo oferta, anualmente, unha relación de cursos orientados especifica e preferentemente para mulleres da cidade. Estas accións formativas son gratuítas e teñen como fin acadar a igualdade real entre mulleres e homes. Colabórase con varias asociacións promotoras de igualdade por cada barrio, a fin de acadar unha maior proximidade ás mulleres e unha revitalización local. Estas asociacións son a canle a través da cal as mulleres (sexan socias ou non da asociación) participan na elección das accións do seu interese e onde se imparten esas accións. 
  • Nome do dinosetiño:  O dinoseto converteuse nun dos emblemas mais queridos e é o monumento máis fotografado de Vigo. A nova estrutura vexetal que o acompaña, co nome provisional do dinosetiño, virá a converterse noutra referencia para a cidade e por iso se vai instar aos veciños para que expresen e propoñan o nome desta nova atracción turística.
  • Obras públicas/fomento: As humanizacións de Vigo teñen un grande impacto na vida da veciñanza e na configuración urbanística dos barrios. Por este motivo, cando se vai a levar ao cabo unha obra de envergadura nalgunha parroquia ou barrio, propóñense reunións informais cos veciños da zona, colectivos e asociacións veciñais para que acheguen as súas propostas e suxestións. A variedade natural das mesmas, dende os mais humildes elementos ornamentais ou mobiliario urbano, ata as máis grandes, como orientación na circulación ou trazados, fai necesario este contacto directo coa poboación. Non existe un procedemento administrativo formal de focalización destas peticións, pero como primeiro paso faixe unha escoita das propostas das asociacións veciñais. Tomándoas en consideración, defínese un proxecto polos técnicos municipais que posteriormente se presenta aos veciños para unha definición final previa a súa execución.
  • Outros órganos representativos: O concello participa e colabora coa veciñanza e cos movementos populares e sociais e fomenta a súa participación na xestión e dinámica da cidade a través dos diferentes órganos representativos da cidade, baixo as diferentes formas organizativas posibles (consorcios, fundacións, padroados, consellos, etc).
  • Consellos municipais e/ou outras canles de participación cidadá:  En áreas temáticas mais específicas, faixe necesario dotar á veciñanza de órganos concretos nos que poidan intervir e participar, directamente ou a través de representantes. O concello considera algunhas destas áreas como vitais e por iso promove a colaboración e integración popular nos órganos colexiados formados a tal propósito.