Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Vigo pola inserción laboral

Logos Vigo pola inserción laboral

Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) financiado polo Fondo Social Europeo (FSE)

Información:

  • Telefónica: 010 (extensión 1745 / 1756), 986 810 232.
  • Correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
  • Presencial: Servizo de emprego. Praza do Rei, 1-4º andar

Importes:

  • Importe destinado ao proxecto: 2.122.611,34 €
  • Subvención do FSE: 1.698.089,07 €
  • Achega do Concello de Vigo: 424.522,27 €

Datos Proxecto

  • Nº persoas beneficiarias: 315
  • Nº itinerarios formativos: 8
  • Periodo formativo: 2020-2021
  • Posibilidade obtención de beca

O proxecto "Vigo pola inserción laboral" ten como finalidade realizar itinerarios integrados e personalizados de contido formativo, dirixidos á inserción das persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables que estean empadroados no Concello de Vigo, persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no servizos públicos de emprego, cuxa formación levarase a cabo durante os anos 2020 e 2021.

Teñen a consideración de vulnerables segundo a Resolución da convocatoria de axudas do Fondo social Europeo, previstas no POEFE ,os seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozos e mozas menores de 30 anos non atendidos polo “Programa Operativo de Empleo Juvenil” (POEJ)
  • Persoas maiores de 55 anos.
  • Persoas con discapacidade.
  • Inmigrantes.
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas.
  • Outros colectivos desfavorecidos
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.

No marco do proxecto, poderán optar a unha axuda económica1 para cubrir os gastos de asistencia á formación, transporte, manutención, aloxamento e conciliación do coidado dos familiares ás persoas participantes nos itinerarios formativos que acrediten carecer de rendas ou ingresos, de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM. As axudas que perciban por prestacións sociais públicas ou de asistencia social, serán compatibles coa axuda económica prevista nesta convocatoria por asistencia a itinerarios formativos.

1 A axuda económica consistirá en un importe de 13,45 € por persoa e día de asistencia, e está condicionada á asistencia. As ausencias non poderán superar o 10 % do total da acción formativa; en caso de superar esa porcentaxe deberase devolver todo o importe percibido.

Itinerarios formativos

O proxecto consiste en 8 itinerarios formativos diferentes, todos eles co propósito da obtención do certificado de profesionalidade correspondente:

  • Actividades auxiliares de comercio ( COMT0211): actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda e reparto. 270 horas. Nivel 1.
  • Operacións básicas de catering (HOTR0308): montaxe xéneros, elaboracións culinarias envasadas, menaxe, utillaxe. 250 horas. Nivel 1.
  • Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS02208): atención de persoas dependentes no ámbito socio-sanitario. 450 horas. Nivel 2.
  • Actividades de Venda (COMV0108): de produtos e/ou servizos. 590 horas. Nivel 2
  • Organización e xestión de almacéns (COML0309): organizar e controlar as operacións e fluxos de mercancías de almacén. 390 horas. Nivel 3.
  • Operacións básicas de cociña (HOTR0108): pre-elaborar alimentos, preparar e presentar elaboracións culinarias; manipulación, preparación e conservación de alimentos. 350 horas. Nivel 1.
  • Actividades de Xestión do pequeno comercio (COMT0112): implantar e dirixir un pequeno comercio o tenda independente. 530 horas. Nivel 2.
  • Soldadura oxigás e soldadura MIG/MG (FMEC0210). 600 horas. Nivel 2.

Serán común a todos os itinerarios as seguintes horas de formación transversal (15), complementaria (30) e titorías (12).

Xornadas

O proxecto "Vigo pola inserción laboral" organizará 3 xornadas que buscarán a promoción do emprego e da actividade socio-económica inclusiva no Concello de Vigo. Estes eventos diríxense aos participantes dos itinerarios, ás empresas, ás entidades que traballan no marco do emprego e ao público en xeral:

A temática de cada unha das xornadas céntrase en aspectos claves no ámbito da formación e do emprego:

  • Motivación e apoio a persoas con difícil acceso ao mercado laboral
  • Fomento do emprendemento e a cultura empresarial
  • Promoción da inserción socio-laboral de persoas en situación de exclusión social

Axentes colaboradores

Na realización do proxecto contarase coa colaboración das seguintes organizacións representativas dos axentes sociais que posúen un forte arraigo no noso municipio: UGT, CC.OO., AJE Vigo, Empresarias de Galicia e CEP .