Tráfico e Transportes
Taxis
Paradas:
- Av. de Balaídos, 72. Teléfono: 986 295 091
- Av. de Fragoso, 1. Teléfono: 986 232 188
- Av. da Gran Vía, 25. Teléfono: 986 420 670
- Rúa de Torrecedeira, 106. Teléfono: 986 295 240
- Rúa do Grove, s/n (Alcampo). Teléfono: 986 299 998
- Praza de Suárez Llanos, 5. Teléfono: 986 232 099
- Rúa de Urzáiz, s/n. Teléfono: 986 272 424
- Rúa de Salamanca, s/n (Povisa). Teléfono: 986 422 659
Radio taxi:
- Central radio taxi: 986 470 000 / 986 470 033
- Radio taxi servizos: 986 272 829
- Radio taxi Vigo: 986 252 700 / 986 272 999 / 986 266 377
- Sociedad Cooperativa Autotaxis:
Avda. da Atlántida, 16 .Teléfono: 986 296 957
Lista de trámites
- Solicitude / Autoliquidación de Certificado por Cambio de Vehículo Auto-Taxis
- Solicitude / Autoliquidación de Duplicado de Carnés ou Licenzas de Auto-Taxi
- Solicitude / Autoliquidación de Obtención do Carné de Auto-Taxi (Permiso Municipal de Conductor)
- Solicitude / Autoliquidación de Renovación do Carné de Auto-Taxi (Permiso Municipal de Conductor)
- Solicitude / Autoliquidación de Revisión de Vehículos Auto-Taxis
- Solicitude de Licenza de Auto-Taxi
- Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Falecemento do Titular
- Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Incapacidade do Titular
- Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Posesión Superior a 5 anos
- Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Xubilación do Titular
Solicitude / Autoliquidación de Certificado por Cambio de Vehículo Auto-Taxis
Mediante este trámite vostede poderá solicitar o certificado de cambio de vehículo.
Solicitude / Autoliquidación de Duplicado de Carnés ou Licenzas de Auto-Taxi
Solicitude de duplicado do permiso municipal de conducir ou das licenzas de auto-taxi.
Solicitude / Autoliquidación de Obtención do Carné de Auto-Taxi (Permiso Municipal de Conductor)
Proba para obter o permiso municipal de conducir necesario para poder conducir un taxi no municipio de Vigo.
Solicitude / Autoliquidación de Renovación do Carné de Auto-Taxi (Permiso Municipal de Conductor)
Solicitude de renovación do permiso municipal de conducir.
Solicitude / Autoliquidación de Revisión de Vehículos Auto-Taxis
A revisión dos vehículos auto-taxi é necesaria no momento da concesión da licenza municipal de auto-taxi e cando se faga un cambio de vehículo.
Solicitude de Licenza de Auto-Taxi
A prestación do servizo público de Auto-Taxi da Cidade de Vigo estará suxeita á previa obtención de licenza municipal, que se outorgará de conformidade e cos requisitos esixidos no Regulamento Nacional dos Servizos Urbanos de Transportes en Automóbiles Lixeiros vixente en cada momento, coas especificacións contidas na Orden do 4 de febreiro de 1993 que desenvolve o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres.
A convocatoria e outorgamento de licenzas polas entidades locais virá determinado pola necesidade e conveniencia do servizo a prestar ao público.
Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Falecemento do Titular
A Licenza Municipal de Autotaxis poderá transmitirse por falecemento do titular, a favor do seu cónxuxe viúvo ou herdeiros lexítimos.
Cando o cónxuxe viúvo ou os herdeiros lexitimarios non poidan explotar as licenzas como actividade única e exclusiva, poderá transmitila a favor dos solicitantes reseñados no artigo 12 do Regulamento Nacional, tendo, en todo caso, dereito a tanteo calquera outro herdeiro forzoso en posesión do carnet de conductor municipal.
Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Incapacidade do Titular
O titular da licenza de Auto-Taxi poderá transmitila cando lle sexa declarada unha incapacidade laboral polos Tribunais ou Organismos competentes, que lle impidan o exercicio da profesión.
Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Posesión Superior a 5 anos
O titular da licenza de Auto-Taxi poderá transmitila cando a houbese ostentado durante 5 anos como mínimo.
Transmisión da Licenza de Auto-Taxi por Xubilación do Titular
Cando o xubilado non poida explotar as licenzas como actividade única e exclusiva, poderá transmitila a favor dos solicitantes reseñados no artigo 12 do Regulamento Nacional.