Escudo Concello de Vigo

Tráfico e Transportes

Autobús urbano. Vitrasa

O servizo de transporte público de viaxeiros en Vigo está cuberto pola empresa Vitrasa.

A compañía dispón na actualidade dunha frota de 116 autobuses, que permiten a comunicación entre os principais barrios e parroquias do Concello.

  • Vitrasa:
    Enderezo: Estrada de Camposancos 36.
    Información de horarios e rutas: 986 291 600
    Atención ao viaxero: 986 207 474
    Páxina web: www.vitrasa.es

Lista de trámites

Acceso aos Autobuses Urbanos con Scooter PMR

Solicitude de acceso con scooter aos autobuses urbanos para persoas con discapacidade superior ao 33% con mobilidade reducida.

Servizo para Persoas de Movilidade Reducida (Vitrasa)

Mediante este trámite vostede solicitará o autobús para persoas de mobilidade reducida.

Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Estudiante

Con esta tarxeta pode beneficiarse dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.

Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Pensionistas Tipo I

Según as cuantías da pensión que vostede perciba pode acceder a unha tarxetas pensionista tipo I ou pensionista tipo II.

Ademáis con calquera destas tarxetas vostede benefíciase dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.

Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Pensionistas Tipo II

Según as cuantías da pensión que vostede perciba pode acceder a unha tarxetas pensionista tipo I ou pensionista tipo II.

Ademáis con calquera destas tarxetas vostede benefíciase dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.

Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Social

Con esta tarxeta pode beneficiarse dunha tarifa reducida posto que está subvencionada polo Concello de Vigo.

Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Universitario

Con esta tarxeta pode beneficiarse dunha tarifa reducida posto que está subvencionada polo Concello e a Universidade de Vigo e ademáis desfrutar de outros servizos propios do transporte (por exemplo: transbordo entre liñas).

Solicitude da Tarxeta PassVigo de Transporte Normal

Con esta tarxeta vostede benefíciase dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.

Se vostede non pertence a ningún outro colectivo pode solicitar a tarxeta de transporte normal.