Escudo Concello de Vigo

Persoas con discapacidade

Prazas de aparcadoiro

Na cidade habilitáronse prazas de estacionamento para persoas discapacitadas. Para poder facer uso desas prazas debe de ter a Tarxeta de Estacionamento.

A Tarxeta de Estacionamento solicítase a través dun formulario que ten que entregar no Rexistro Xeral do Concello.

Son condicións indispensables para solicitala que no certificado de minusvalía teña o recoñecemento de imposibilidade de usar o transporte público (ter un grao superior a 7 puntos) e ademais ten que estar censado en Vigo.

Se as prazas están en situadas en zona de pago ten que pagar polo seu uso.

Só concédese un cartón por usuario e é persoal e intransferible, podendo usala indistintamente en calquera vehículo a condición de que se utilice para o desprazamento da persoa discapacitada.

Estacionamentos na cidade para persoas con discapcidade

 Consultar o trámite: Solicitude de tarxeta de estacionamento para as persoas con minusvalía.