Escudo Concello de Vigo

Limpeza

Punto limpo móbil

Recollida de residuos mediante punto limpo móbil

Horario Mañá: de 8:30 a 14:30 horas Tarde: de 14:30 a 20:30 horas
Luns Praza do Berbés Praza de Eugenio Fadrique
Martes Rúa León con Urzáiz Coia, rúa Baiona con Redondela
Mércores Rúa Velázquez Moreno con Progreso Bouzas, rúa Eduardo Cabello
Xoves Praza de Abastos Teis Explanada Estadio Balaídos
Venres Rúa Subride (xunto parque infantil) Praza Elíptica con Fernando Conde
Sábados Mercado Travesas Rúa Teixugueiras

Díptico informativo

Este servizo ten como obxectivo complementar ao Punto Limpo Fixo, facilitar aos cidadáns de Vigo a separación daqueles residuos do fogar que deben ter unha xestión diferenciada, por ter compoñentes perigosos que poden contaminar o medio ambiente, ou ben polo seu tamaño, ou simplemente para podelos reutilizar unha vez recollidos.

O punto limpo mobil é un xeito de achegar aos cidadáns o servizo de punto limpo da cidade, dado que é un vehículo que se estaciona en 12 localizacións fixas durante todos os días do ano agás festivos. Deste xeito achégase aos domicilios dos usuarios do servizo, evitando que teñan que desprazarse polos seus medios ata as instalación do punto limpo fixo ubicado no camiño do caramuxo.

No punto limpo móbil poderanse depositar de xeito diferenciado 24 tipos de residuos e posteriormente levaranse a xestor autorizado garantindo un axeitado tratamento. É de balde para os veciños da cidade, e polas propias características do vehículo tense que limitar a cantidade máxima que cada cidadán pode depositar de cada residuo.

Residuos admisibles no punto limpo:

Serán admisibles no punto limpo os seguintes residuos, debidamente separadas e transportados ata alí polos seus posuidores:

TIPO DE RESIDUO CÓDIGO LER Kg/Mes por domicilio a PL Móvil Ud/Mes por domicilio a PL Móvil Ud/ano por domicilio a PL Móvil
Residuos de vidrio (non envases) 20 01 02 5    
Residuos de papel y cartón (non envases) 20 01 01 5    
Residuos plásticos (non envases) 20 01 39 5    
Residuos de poda y vexetais (biodegradables) 20 02 01 50    
Residuos de construcción e demolición, escombro (RCD's) 17 01 07 250    
Residuos mezclados de construcción e demolición distintos de los especificados en otros códigos 17 09 04 5    
Roupa usada 20 01 10 5    
Residuos téxtiles 20 01 11 5    
Residuos de madeira que non conteñan substancias perigrosas 20 01 38 25    
Residuos metálicos 20 01 40 5    
Tubos fluorescentes e outros que contengan mercurio (termómetros) 20 01 21*   1 uds  
Aceites de motor 13 02 05* 1    
Filtros de aceite 16 01 07* 0,2    
Absorbentes 15 02 02* 0,1    
Baterías de chumbo 16 06 01*     1 ud.
Pilas 200133*   5 botón// 8 normales  
pneumáticos usados 16 01 03     2 uds.
Aceites e grasas comestibles 20 01 25 2,5    
Pinturas, tintas, adhesivos e resinas que conteñen substancias perigosas 20 01 27* 1,5    
Envases vacios contaminados 15 01 10* 0,25    
Sprays e aerosoles 15 01 11* 0,25    
RAEE's (residuos de aparatos eléctricos e electrónicos), (electrodomésticos lineas gris, marrón y blanca con compoñentes perigosos) 20 01 35*   1 ud.  
RAEE's que non teñen componentes perigosos 20 01 36   1 ud.  
Cartuchos e tóner de impresora 08 03 17*     4 uds.
Películas e papel fotográfico que conteña prata 09 01 07     12 uds.
Equipos que conteñen clorofluorocarburos CFC's 20 01 23   1 ud.