Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Noticias de Emprego

Lista de noticias

Noticias

16/07/2015. O Plan de Emprego Municipal achega 50.000 euros á Asociación de Comerciantes Vigo Vello

Foto noticia
Abel Caballero asinou esta mañá un convenio coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigo Vello por un importe de 50.000 euros. Trátase, explicou o rexedor, dunha achega con cargo ao Plan de Emprego Municipal para cooperar na contratación de persoal, xestión e orgainzación de actividades desta entidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/06/2015. A 3ª edicición de Vigo Shopping Night chega mañá con máis de 30 establecementos abertos ata medianoite

Foto noticia
Abel Caballero presentou esta mañá a Vigo Shopping Night que se organiza mañá na zona comercial de Príncipe desde as 19,00 ata as 00,00 horas. Haberá prezos especiais, descontos e máis de 20 actuacións en directo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

05/05/2015. Caballero subliña que a formación é a "base fundamental" da industria e do emprego

Foto noticia
O alcalde visitou este martes as instalacións de Formega, centro que forma a aproximadamente un millar de alumnos e traballadores da industria en técnicas de fabricación, en xeral. Abel Caballero enfatizou que a formación é a base da industria e un "requisito imporantísimo para o emprego". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/05/2015. O Concello achega 40.000 euros á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos para a contratación de 4 profesionais

Foto noticia
O alcalde de Vigo e os responsables da entidade asinaron este luns o convenio segundo o cal o goberno local achega 40.000 euros á Rede, cantidade que fai posible a contratación de catro profesionais na orientación e formación en igualdade, concienciación social e na mellora da empregabilidade das vítimas de violencia de xénero. O Concello de Vigo adica 1,2 millóns a políticas de igualdade e prevención. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

23/04/2015. O goberno local aproba a contratación de 66 profesionais e eleva o VigoEmprega aos 206 postos de traballo

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación dos 66 traballadores beneficiarios do Vigo Emprega II, que se suman aos 140 contratados na primeira fase do nomeado programa, financiado integramente polo Concello con 1,5 millóns. Esta iniciativa prioriza empregar a mulleres, menores de 30, maiores de 45, desempregados de longa duración e discapacitados. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

01/04/2015. Os 140 beneficiarios do programa Vigo Emprega I empezarán a traballar nunha semana

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a contratación dos 140 beneficiarios da primeira quenda do programa Vigo Emprega I. Estes traballadores incorporaranse ás súas tarefas no prazo dunha semana, segundo avanzou o rexedor, quen recordou que esta iniciativa municipal conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100