Escudo Concello de Vigo

Servizos cidade

Augas

Servizo municipal de augas

O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos.

A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse aqualia, xestión integral de auga, co obxecto de establecer unha clara correspondencia entre a Sociedade Anónima e a marca, que xa se lanzara en abril de 2001.

Atención ao cliente: 900 813 357
Teléfono de avarías: 900 813 047
Web de Aqualia: http://www.aqualia.es/vigo

Fontes públicas

O Laboratorio Municipal, dependente da Concellaría de Sanidade, Consumo e Medio Ambiente, realiza anualmente tres ou catro controis analíticos da auga dos manaciais das aproximadamente 350 fontes públicas catalogadas no Municipio. Que se teña constancia, este centro é o único de España que analiza a auga de un número tan elevado de fontes.

Segundo a lexislación vixente, RD 140/2003, considérase que un auga é "Non apta para consumo humano" cando algún dos parametros analizados supera ou incumple os valores lexislados. Asemade sinala que as augas de consumo humano deberanse desinfectar, xa que o feito de dispor dun baixo nivel de desinfectante residual aporta unha Garantía Sanitaria. Polo tanto, a pesares dos controis analíticos anuais que o Laboratorio realiza a cada fonte, ainda que os resultados obtidos Cumplan coa lexislación vixente, isto non é dabondo para establecer unha garantia sanitaria nestas augas.

Listaxe do último análise de fontes do Laboratorio Municipal

 

Augas

Últimas noticias municipais