Escudo Concello de Vigo

Patrimonio Histórico

O xardín de acceso

Localízase fronte á fachada principal do pazo. Está limitado lateralmente por unha edificación de servizos e pola capela, mentres que no lado oposto por un conxunto de ameas e garíta de carácter decorativo.

O trazo é sinxelo. Componse dunha rotonda central abrazada por dous parterres semicirculares limitados nos extremos por unha alineación de cítricos -laranxeiras-, e na cabeceira de entrada por dúas palmáceas. Sobre a rotonda central sitúase unha fonte circular nun plano inferior -levemente soterrada- para non alterar a perspectiva do edificio principal.

As especies máis salientables deste xardín son:

  • Thuja plicata -tuia-
  • Citrus aurantium -laranxeiras amargas-
  • Citrus x Aurantifolia, (lima-limón)
  • Livistona austrális -palmeira de abano, (abanico)-
  • Trachycarpus fortunei -palmito-

acceso xardín