- Inicio
- Servizos cidade
- Limpeza
Servizos cidade
Limpeza
Oficina Municipal de Limpeza
- Enderezo: Praza do Rei 1, 2ª planta. 36202 Vigo.
- Teléfono: 986 810 223.
- Horario da Oficina: de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas.
- Teléfono de recollida de obxectos: 986 485 682.
Dentro do organigrama do Concello de Vigo, o Servizo de Limpeza intégrase dentro da área de Urbanismo e Medio Ambiente, caracterizándose por aglutinar diferentes servizos para a xestión integral da limpeza urbana.
Servizos específicos levados a cabo polos propios traballadores municipais:
- Labores de inspección, coordinación e vixilancia dos servizos realizados polas empresas concesionarias.
- Vixilancia no vertedoiro do Zondal, para impedir a deposición de residuos no mesmo.
- Supervisión do correcto funcionamento dos fachos de Biogás, de forma que o gas que se xere no interior do vertedoiro estea en todo momento baixo control.
- Control das entradas de residuos urbanos na ecoplanta de Guixar, impedindo o verquido dos residuos non catalogados como tales.
- Traballos de limpeza de camiños, fosos e praias, realizados polos operarios municipais, organizados en brigadas de limpeza e axudados por diversos medios mecánicos (vehículos recolectores, tractores, rozadoras,...) e manuais, desempeñando estas tarefas ao longo de todo o ano, segundo as necesidades do momento.
Nesta sección, atopará a información relacionada coa limpeza urbana
- Trámites de Limpeza: todos os trámites da Oficina Virtual relacionados coa recollida diferenciada de residuos urbanos.
- Residuos: información sobre os tipos de residuos e información sobre os servizos e recursos disponiblese no municipio para a súa recollida.
- Empresas concesionarias: relación de empresas e servizos específicos que levan a cabo, así como as súas direccións teléfonos de contacto.
- Enlaces de interés: sección na que atopará direccións de organismos oficiais, entidades e empresas relacionadas coa limpeza e o medioambiente.
