Escudo Concello de Vigo

Limpeza

Limpeza de praias

A limpeza de praias realízana traballadores municipais do Servizo de Limpeza, organizados en brigadas, con medios mecánicos, durante todo o ano, segundo as necesidades do momento.

Durante os fins de semana, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, a empresa concesionaria FCC, realiza ademais a limpeza manual e retirado de algas.