Escudo Concello de Vigo

Información Crisis Coronavirus Covid-19

Noticias municipais Covid-19

Lista de noticias

Noticias

2020-05-26. O luns 1 de xuño, reactívase a zona azul para aparcar na cidade

O alcalde explicou que a decisión se toma dada a recuperación da actividade comercial e de hostalería pola que se está detectando rotación no uso dos aparcamentos regulados. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-26. O TSXG ratifica a obriga de pagar IBI á concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro

Foto noticia
Abel Caballero deu conta esta mañá dunha sentenza do TSXG que avala, unha vez máis, a ordenanza fiscal do IBI pola que a concesionaria ten que pagar máis de 900.000 euros ás arcas municipais. O tribunal dálle a razón ao Concello e desestima o recurso interposto pola Xunta e a empresa xestora do hospital. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-26. O Concello ofrece asesoramento a autónomos e micropemes no marco do Covid-19

Foto noticia
O alcalde mantivo este martes unha reunión coa empresa encargada de levar adiante este servizo, que se prolongará durante oito meses cun importe de 122.000 euros. A administración local viguesa proporciona información, asesoramento e acompañamento á actividade empresarial de emprendedores e pequenos negocios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-26. O Concello reclama á Xunta a transferencia de 1,7 millóns polo gasto social durante a crise

O alcalde de Vigo anunciou que a concelleira de Benestar Social remitirá este martes unha carta á conselleira de Política Social da Xunta de Galicia para reclamar que de "forma inmediata transfiran 1,7 millóns que nos deben" en concepto de axudas sociais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-25. O Concello retoma a atención presencial nos centros de servizos sociais e no Rexistro

A cidadanía poderá acudir con cita previa e, dende o mércores, entrarán en funcionamento as instalacións deportivas municipais de Samil e Balaídos. Este luns o goberno municipal retomou as obras de humanización das rúas Heraclio Botana, Serafín Avendaño e Roupeiro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-25. Vigo abrirá os museos o 2 de xuño

Segundo explicou este luns Abel Caballero, a rede de museos municipais abrirá as súas portas a próxima semana, o martes 2 de xuño. Ademais, desde este luns poden presentarse solicitudes ás escolas infantís municipais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-25. O alcalde pide responsabilidade e distancia social no regreso dos bañistas ás praias

Foto noticia
Abel Caballero solicitou este luns aos bañistas que acoden ás praias de Vigo coa entrada en vigor da Fase 2 que respecten o distanciamento social para protexer a saúde. Ademais, o alcalde avanzou que as piscinas de Samil estarán pechadas este verán e tanto as cintas para marcar separacións como o socorrismo comezarán o 15 de xuño. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-25. Caballero mantén unha xuntanza cos representantes do sector pesqueiro en Vigo

Foto noticia
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión cos representantes do sector pesqueiro na cidade para analizar o impacto da crise sanitaria e estudar medidas de cara á reactivación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-22. O alcalde asume cos presidentes das comisións a dificultade de organizar as festas de Bouzas, Coia ou San Roque

Foto noticia
O rexedor sumouse esta mañá ás opinións dos presidentes das comisións de festas de Bouzas, Coia ou San Roque que lle trasladaron esta mañá nunha reunión virtual a dificultade de organizar estes eventos nestas circunstancias. Con todo, o rexedor comprometeu apoio municipal no caso de que poidan manter unha parte das celebracións relixiosas, tal e como prevén nun principio, pendentes da evolución da situación sanitaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-22. O Concello deu de alta 800 novas tarxetas de alimentos desde o inicio da crise sanitaria

Desde o comezo do estado de alarma, o goberno local deu de alta 800 novas tarxetas de alimentación que se suman ás que xa viña outorgando o Concello. Ademais e seguindo cos servizos sociais, o alcalde tamén avanzou que, se Galicia pasa á fase 2 da desescalada, o luns 25 de maio reabrirán as súas portas os centros municipais de servizos sociais de Coia, Rivera Atienza, Teis e Praza do Rei, que atenderá tamén aos usuarios do Casco Vello. (Ver noticia en xornal.vigo.org)