- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Cultura
- Noticias de Cultura
Cultura
Noticias de Cultura
Lista de noticias
- 16/05/2013: 2ª convocatoria para presentación de traballos artesáns dirixidos ao CAT "O ESCAPARATE".
- 16/05/2013: Celebración do Día Internacional do Museo 2013.
- 16/05/2013: Peche provisional da Biblioteca Pública Central de Vigo.
- 10/05/2013: O goberno local financia a celebración de espectáculos de teatro, música e danza tradicionais pola cidade.
- 09/05/2013: Inauguración da exposición "Espiñas Coroadas" de Lito Portela.
- 07/05/2013: O Concello colabora nas XXI Xornadas de Filosofía, que debatirán sobre as claves de futuro.
- 06/05/2013: Concerto de piano a catro mans.
- 06/05/2013: XXI Xornadas de Filosofía.
- 02/05/2013: Caballero asina convenios de colaboración coas Corais Polifónicas e as Bandas de Música Populares.
- 30/04/2013: Programación das actuacións das bandas pupulares.
Noticias
-
16/05/2013. 2ª convocatoria para presentación de traballos artesáns dirixidos ao CAT "O ESCAPARATE"
- A Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, no seu desexo de contribuír ao desenvolvemento da artesanía e co obxectivo de apoiar e promocionar o traballo do colectivo artesán, brinda un espazo no C.A.T. (Centro de Artesanía Tradicional) para expor os traballos seleccionados a través desta convocatoria. Este proxecto, bautizado co nome de "O Escaparate", ofrece un espazo expositivo nas instalacións do C.A.T. (Subida ao Castelo, 10), de xeito que o traballo deste colectivo chegue a un maior número de público. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
16/05/2013. Celebración do Día Internacional do Museo 2013
-
Con motivo do Día Internacional do Museo a Concellería de Cultura e Festas amplía o horario de apertura dos seus tres centros museísticos (Verbum-Casa das Palabras, Museo "Quiñones de León" de Castrelos e Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego") o sábado 18 e o domingo 19 de maio, de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h; ademais, contarán cun programa de visitas guiadas ás 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h, 18:00 h e 19:00 h, cunha duración aproximada de 40 minutos. En total, serán dous grupos por cada hora, para un máximo de 30 persoas cada un deles, por orde de chegada.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
16/05/2013. Peche provisional da Biblioteca Pública Central de Vigo
- A Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, entre os días 20 e 26 de maio, ambos inclusive, debido aos necesarios labores de tratamento de control preventivo-curativo contra xilofagos, levados a cabo polo servizo de Control de Pragas do Concello de Vigo e en coordinación coa dirección da citada biblioteca dependente da Xunta de Galicia. O luns 27, a biblioteca xa funcionará con normalidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
10/05/2013. O goberno local financia a celebración de espectáculos de teatro, música e danza tradicionais pola cidade
- O alcalde, Abel Caballero, e o Presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, rubricaron este venres o convenio para a realización de 34 actuacións de música e danza tradicional polos barrios e parroquias e 6 máis de teatro afeccionado. O Concello subvenciona ambos programas con 13.500 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
09/05/2013. Inauguración da exposición "Espiñas Coroadas" de Lito Portela
- O vindeiro venres 10 de maio inaugurarase na Fundación Laxeiro (3º andar da Casa das Artes, r/ Policarpo Sanz, 15), coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, a exposición "Espiñas coroadas", do artista Lito Portela (Moaña, 1958), que amosa a súa reflexión sobre a natureza, as persoas e o estranamento destas ante o mundo que nos rodea e nos acolle. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
07/05/2013. O Concello colabora nas XXI Xornadas de Filosofía, que debatirán sobre as claves de futuro
- O alcalde, Abel Caballero, e Avelino Muleiro, por parte do grupo organizador Aletheia Vigo, presentaron este martes unha nova edición das Xornadas de Filosofía, que acollerá o Auditorio Municipal do 8 ao 10 de maio baixo o lema "Albíscase unha nova etapa histórica? Claves para abordar o futuro". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
06/05/2013. Concerto de piano a catro mans
- O martes 7 de maio, ás 20,00h, terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), un concerto de piano a catro mans a cargo de Lilya Zilberstein e Pablo Galdo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
06/05/2013. XXI Xornadas de Filosofía
- A Concellería de Cultura e Festas e mailo grupo Aletheia-Vigo organizan as XXI Xornadas de Filosofía, que terán lugar no Auditorio Municipal do Concello os días 8, 9 e 10 de maio, de 16,30 h a 21,00 h. As xornadas, baixo o título "Albíscase unha nova etapa histórica?". Claves para abordar o futuro", contarán con conferencias sobre o progreso moral, a crise, as reformas do mercado laboral e o desemprego, etc. Os conferenciantes serán Javier Muguerza, Jesús Mosterín, Francesc de Carreras, Antón Costas Comesaña, Ubaldo Martínez Veiga e Félix Ovejero Lucas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
02/05/2013. Caballero asina convenios de colaboración coas Corais Polifónicas e as Bandas de Música Populares
- O alcalde rubricou este xoves sendos convenios coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) e coa Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, 150.000 euros en total para "apoiar o funcionamento das corais e das bandas", que involucran a máis de 3.000 persoas na cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
30/04/2013. Programación das actuacións das bandas pupulares
- Programa completo de "VIGO, UN MAR DE BANDAS 2013", fruto do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e maila Federación de Bandas de Música Populares de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)