Escudo Concello de Vigo

Laboratorio Municipal

Visitas ao Laboratorio

Visita as instalacións do Laboratorio Municipal no soto 1 do Concello na Praza do Rei. Podense visitar unha ou ámbalas dúas áreas: Área de físico – química e Área de microbioloxía, acompañados de persoal do propio laboratorio que fará unha descripción das distintas actividades e metodoloxías que utiliza para o control de augas e alimentos.

A visita tamén pode centralizarse nun percorrido pola exposición-museo de pezas e curiosidades que o Laboratorio foi recopilando a través do máis de un século de historia.

Dirixidas a os centros educativos en xeral, si ben tendrán preferencia os alumnos de universidade, bacherelato ou de formación profesional naquelas ramas relacionadas coas actividades do Laboratorio, (análise e control, química ambiental, laboratorio, etc).

De ter disponibilidade de horarios e datas, calquera colectivo interesado , (asociación cultural, veciñal, colectivo profesional, etc), pode solicitar unha visita concertada.

Solicitudes e requisitos:

As visitas, de ser solicitadas a través do programa Coñece o teu Concello incluido no marco da iniciativa didáctica municipal Vigo Educa axustaranse ó calendario, duración e requisitos establecidos neste programa.

Fora deste programa, solicitaranse, directamente ao Laboratorio ou a través de Vigo Educa, por correo ordinario ou electrónico. Éstas realizaránse preferentemente ós vernes, cun máximo de 30 alumnos e unha duración aproximada de 1 hora (entre as 10 e as 12 horas).

Impreso de solicitude:

Cuestionario de avaliación:

Unha vez realizada a visita, agradecemos unha valoración da mesma a través deste formulario, coa finalidade de axudarnos a mellorar no desenvolvemento desta actividade.