Concello
Normativa
Esta sección recolle todas as ordenanzas e regulamentacións que están á súa disposición na web, para a súa consulta. A maior parte destes documentos presentanse en formato pdf, para que vostede poida descargalos comodamente no seu computador.
Na actualidade, están recollidos na web os seguintes documentos:
Administración local
- Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Vigo: segundo o Regulamento orgánico do Pleno do Concello de Vigo, aprobado inicialmente polo Pleno en sesión do 31.05.2010 (BOP 29.06.2010) e definitivamente segundo Resolución do 11.08.2010 (BOP 17.09.2010) queda derrogado o Título I, Título II, capítulos I e II, e Título III.
- Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Vigo
Acción social
Auga
Consorcio Casco Vello
Cultura
Deportes
Educación
- Regulamento orgánico de organización e funcionamento do consello escolar municipal (CEMV) (BOP 24/02/2010). Para calquera información adicional consulte a páxina do Consello Municipal de Vigo.
Electromecánicos
- Regulamento Municipal regulador das instalacións de alumeado público no termo municipal de Vigo. Aprobación polo Pleno: 31 de marzo de 2006. Publicación no BOP: 16 de maio de 2006. Entrada en vigor: 16 de xuño de 2006.
- Ordenanza municipal reguladora das instalacións de iluminación exterior aprobada inicialmente polo Pleno o pasado 24 de setembro de 2012
Medio Ambiente
- Ordenanza Municipal do Medio Ambiente do Concello de Vigo. Aprobadas polo Pleno da Corporación o 26/05/1994 e publicadas no BOP nº 200, do 18/10/1994. Nota: A "Ordenanza municipal de ruídos e vibracións" (páx. 41-54) foi posteriormente derrogada e substituída pola "Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións" (Pleno 28/07/2000; BOP nº 198, do 16/10/2000), tamén dispoñible neste sitio.
- Modificación das disposicións comúns ás Ordenanzas Municipais de Protección do Medio Ambiente.
- Ordenanza Municipal para a protección e tenencia de animais. Regulamento das condicións de posesión responsable de animais domésticos ou salvaxes en catividade, incluso os cualificados como potencialmente perigosos cara á protección dos animais e das persoas no termo municipal. Aprobada polo Concello de Vigo o 16 de febreiro de 2000.
- Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións. Regulamento da actuación municipal para protexer as persoas e os bens contra as agresións producidas polos ruídos e vibracións, a achega de solucións ambientais operativas e de control. Foi aprobado polo Concello o 28 de xullo de 2000 e modificada polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria de 25 de febreiro de 2008 (BOP nº 69 de data 10 de abril de 2008).
- Declaración de Zonas Acusticamente Saturadas (ZAS) e o protocolo de actuacións nas devanditas zonas, aprobada definitivamente polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria de data 25 de febreiro de 2008 (BOP nº 69 de data 10 de abril de 2008).
- Ordenanza municipal sobre enerxía solar. Ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo
- Corrección de erros (BOP 10/05/2006)
- Segunda corrección de erros (BOP 12/05/2006)
- Bando sobre a obriga de manter os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza.
- Bando sobre o bo uso dos areais.
- Ordenanza reguladora de convivencia cidadá e ocio.
Mobilidade e Seguridade
- Ordenanza Municipal Reguladora da instalación das terrazas na vía pública
- Ordenanza Reguladora da Venda na Vía Pública e Espazos Abertos
- Ordenanza Municipal Reguladora das Operacións de Carga e Descarga de Mercadorías nas Vías Urbanas
- Ordenanza Xeral de Circulación do Termo Municipal de Vigo
- Ordenanza Reguladora do Servizo de Autotaxi da Cidade de Vigo
Normalización lingüística
Parques e xardíns
Patrimonio
- Ordenanza Municipal Reguladora da Ocupación do Dominio Público coa Instalación de Quioscos (Maio 2006)
Relacións públicas
Tributos
- Ordenanzas fiscais e reguladoras dos prezos públicos.Normas municipais que rexen as tarifas dos servicios que presta o Concello, así como o seu procedemento, aplicación, condicións...
Urbanismo
- Novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Aprobado definitivamente por ordes de 16/05/2008 e 13/07/2009.
- Normativa urbanística municipal. Sección que recolle as disposicións e normas concretas que afectan á planificación urbanística da cidade.
- Ordenanza urbanística sobre a instalación de infraestruturas de telecomunicacións. Regulamento das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación, publicada no Boletín Oficial da Provincia de 11 de maio de 2001. Tamén se inclúe a corrección de erros (anexos), publicadas tamén no Boletín Oficial da Provincia de 5 de abril de 2001.
- Ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo. Regulación detallada das condicións esixibles ás instalacións publicitarias perceptibles desde a vía pública no termo municipal, do réxime xurídico aplicable aos actos de publicidade e do réxime sancionador das infraccións. Foi publicada no BOP do 8 de abril de 2003.
- Normativa de Patrimonio sobre a rehabilitación de edificios de interese histórico. Regulamento das subvencións ao tratamento de fachadas, paredes medianeiras, cubertas e elementos singulares dos inmobles de interese histórico, arquitectónico e paisaxístico. Aprobado polo Concello de Vigo o 10 de xuño de 1994.
- Ordenanza municipal reguladora das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación do Casco Vello e do Barrio Histórico de Bouzas. Aprobada definitivamente polo Pleno do Concello o día 6 de setembro de 2010, publicada no BOP o 24 de setembro de 2010.
- Ordenanza reguladora do contido, organización e funcionamento do Rexistro municipal de soares e edificios a rehabilitar. Texto publicado no BOP número 239, do mércores 10 de decembro de 2008.
- Protocolo de actuación para o seguimento e recepción das obras de urbanización de iniciativa privada no Concello de Vigo. Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local en sesión do día 14 de setembro de 2009, publicado no BOP o 17 de novembro de 2009.
Vías e obras
- Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servizos na vía pública. "Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servizos na vía pública", aprobada no ano 2002.
Progresivamente, iranse engadindo máis textos e normas a esta sección.
