- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Igualdade
- Noticias de Igualdade
Igualdade
Noticias de Igualdade
Lista de noticias
- 16/05/2013: Manifesto do Consello Municipal da Muller contra a reforma da lei do aborto.
- 13/05/2013: Entrevista a Carmen Segurana dentro do ciclo "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas".
- 07/05/2013: Relatorio "Daquelas que cantan... O Ronsel de Rosalía de Castro".
- 30/04/2013: O goberno local achega 32.300 euros a asociacións de mulleres que loitan contra a violencia de xénero.
- 22/04/2013: Os libros centran os actos de Igualdade esta semana.
- 22/04/2013: O Concello edita dúas guías para fomentar a conciliación e a igualdade na xestión empresarial.
- 17/04/2013: Videofórum na Rede de Mulleres Veciñais.
- 16/04/2013: Relatorio "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo".
- 15/04/2013: Nova charla de "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas.
- 10/04/2013: Presentación do libro "Canon e subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro".
Noticias
-
16/05/2013. Manifesto do Consello Municipal da Muller contra a reforma da lei do aborto
- O Consello Municipal da Muller, na sesión extraordinaria celebrada o mércores 15 de maio, aprobou o seguinte manifesto contra a reforma da lei do aborto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
13/05/2013. Entrevista a Carmen Segurana dentro do ciclo "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas"
-
O martes, 14 de maio ás 19:00 h., no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo dentro do Ciclo de Charlas: "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas" Entrevista a Carmen Segurana, sindicalista e impulsora do Movemento Democrático de Mulleres. Realiza a entrevista: María Xosé Porteiro
(Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
07/05/2013. Relatorio "Daquelas que cantan... O Ronsel de Rosalía de Castro"
- Co motivo da celebración este ano dos 150 anos de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Concellería de Igualdade programa o Relatorio "Daquelas que cantan... O Ronsel de Rosalía de Castro" a cargo de Marga do Val que terá lugar este mércores ás 19 h na Casa das Mulleres ( R/Romil, 20 Durante o mesmo contaremos coa actuación de Alba Rodríguez (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
30/04/2013. O goberno local achega 32.300 euros a asociacións de mulleres que loitan contra a violencia de xénero
- O alcalde de Vigo asinou hoxe martes sendos convenios para financiar actividades de loita contra a violencia de xénero por valor de 32.300 euros. Concretamente, a Asociación de Mulleres Dorna recibiu 17.000 euros e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, 15.300 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
22/04/2013. Os libros centran os actos de Igualdade esta semana
- O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo programa para esta semana dúas actividades: faladoiro de libros con....María Calado Otero e cafés literarios coa obra "Morgana en Esmelle" de Begoña Caamaño. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
22/04/2013. O Concello edita dúas guías para fomentar a conciliación e a igualdade na xestión empresarial
- A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, informou este luns da edición de dúas publicacións que procuran formar ás empresas na igualdade como clave para mellorar o funcionamento da compañía e na conciliación da vida laboral, persoal e familiar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
17/04/2013. Videofórum na Rede de Mulleres Veciñais
- O xoves 18 de abril a Rede de Mulleres Veciñais ten previsto o visionado da documental "Mirar a la ventana" do Colectivo Maduras. A actividade terá lugar no Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na Biblioteca Central na rúa de Joaquín Yáñez 6 - 2º andar ás 18h. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
16/04/2013. Relatorio "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo"
- A Concellería de Igualdade organiza o mércores, 17 de abril,ás 19.00 horas na Casa das Mulleres a presentación do relatorio "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo". Durante esta sesión o equipo investigador presentará as conclusións deste estudo promovido pola Asociación de Mulleres Progresitas en colaboración co Concello de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
15/04/2013. Nova charla de "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas
- A Concellería de Igualdade contínua co ciclo de entrevistas a mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo. Nesta ocasión a charla será con Mary Quintero, o martes ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
10/04/2013. Presentación do libro "Canon e subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro"
- Helena González Fernández e María do Cebreiro Rábade Villar presentan o libro "Canon e subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro" o mércores, 10 de abril ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)