Concello
Como contactar
Servizo de Atención Cidadá, Concello de Vigo
- Enderezo: Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
- Teléfono Central: 986 810 100
- Teléfono Información: 010
- Directorio Telefónico do Concello
- Email Información: 010@vigo.org
- Email Atención Cidadá: ofi.acidada@vigo.org
O Servizo de Atención Cidadá-010 do Concello de Vigo, ofrece á cidadanía a posibilidade de resolver as súas dúbidas, obter información actualizada e precisa, evitando desprazamentos innecesarios ata as dependencias municipais, mediante a utilización do teléfono ou do correo electrónico.
Así mesmo, é función deste servizo a xestión de solicitudes, dúbidas e suxestións, dos cidadáns e cidadás aos distintos órganos e servizos municipais: Limpeza, Atención cidadá-010, Vías e Obras, Tráfico e Circulación, Parques e Xardíns.
Información por Teléfono
- Teléfonos
- 010: para chamadas realizadas desde a rede de telefonía fixa do municipio de Vigo.
- 986 810 260: para chamadas desde fóra do municipio ou a través dun teléfono móbil.
- Horario
- de luns a venres de 8:00 a 20:00h.
- sábados de 10:00 a 14:00h.
Información por Internet
- 010@vigo.org: Correo electrónico onde poderá realizar consultas, resolver dúbidas e solicitar información.
Trámites por Internet
Trámites creados para a defensa dos intereses dos veciños e veciñas nas relacións co Concello. Poden ser exercitados por persoas físicas ou xurídicas sen limitación algunha.
- Trámite de Queixas e Suxestións na Oficina Virtual: Require identificación e xera un código de seguimento co que posteriormente poderá consultar o estado da tramitación.
- Trámite de Envío de Avisos na Oficina Virtual: Envío de avisos para a mellora dos servizos municipais. Non require identificación.
Xestión de Avisos
Servizo gratuíto de avisos a móbiles e direccións electrónicas para particulares e empresas, permite recibir puntualmente información sobre: prazos de cobro do imposto de vehículos de tracción mecánica, taxa de recollida do lixo, imposto sobre bens inmobles, imposto sobre actividades económicas así como das convocatorias de oferta de emprego público do Concello.
