Educación

Curso 2018-2019

Listaxe alumnado apto

Monográficos (Outubro 2018 - Xaneiro 2019)

Curso avanzado

Convocatoria Xeral

** Antes de realizar a inscrición nos cursos extraordinarios, véxase os requisitos de acceso e características destes.

As persoas incluídas nos listados do resultado do sorteo e das probas de acceso, deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade administrativa a seguinte documentación:

  • Impreso de confirmación de matrícula, debidamente asinado pola persoa interesada, segundo modelo oficial (tamén se pode recoller na conserxería da Escola).
  • Fotocopia simple do seu DNI.

Datas e horario de matrícula:

  • 24 ao 27 de setembro (de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas).
  • 28 de setembro (de 9:00 a 14:00 horas).

De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas, daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto o seguinte na lista de espera. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado, durante o primeiro trimestre do curso 2018-2019. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo o número de prazas ofertadas para cada especialidade.

Preinscrición de alumnado de novo ingreso

Preinscrición online: do 25 de xuño ao 7 de setembro.

Preinscrición presencial:

  • do 25 de xuño ao 31 de xullo e do 1 a 7 de setembro.
  • Lugar: Edificio principal da EMAO, Rúa García Barbón, 5.
  • Horario: de 10 a 14 horas, laborables de luns a venres (agosto, pechado).
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100