Escudo Concello de Vigo

Limpeza

Punto limpo fixo

Punto Limpo Vigo

  • Enderezo: Camiño do Caramuxo nº 65. 36213. Vigo
  • Coordenadas GPS:
    • GMS: N 42º12'12.653'' , O 8º 45 ' 37.07 “
    • GD: Latitude: 42.2035148 , Lonxitude: -8.760297300000047
  • Teléfono:986 422 355
  • Horario:
    • Luns a venres de 8 a 13 horas e de 16 a 19 horas.
    • Sábados de 8 a 13 horas.
    • Domingos e festivos pechado.

Consideracións xerais:

  1. O punto limpo é unha instalación para recibir residuos especiais que non poden ser depositados nos colectores da cidade, de xeito gratuíto e voluntario para as e os cidadáns empadronados no Concello de Vigo.
  2. O Punto Limpo de Vigo está localizado nas instalacións da Empresa TOYSAL, sita no camino do Caramuxo nº 65, e ten a referencia SC-U-NP-XA-00079 da Xunta de Galicia
  3. Os residuos que se poden depositar provirán exclusivamente do ámbito domiciliario ou de oficinas e comercios. Non está permitida a súa utilización para residuos procedentes de industrias, e de medianos ou grandes produtores. Estes deberán xestionar os seus residuos de conformidade coa normativa vixente, en especial a referida a residuos perigosos.

Residuos admisibles no punto limpo:

Serán admisibles no punto limpo os seguintes residuos, debidamente separadas e transportados ata alí polos seus posuidores


TIPO DE RESIDUO CÓDIGO LER Kg/Mes por domicilio
1 Residuos de vidro (non envases) 20 01 02 10
2 Residuos de papel e cartón (non envases) 20 01 01 10
3 Residuos plásticos (non envases) 20 01 39 10
4 Residuos de poda e vexetais (biodegradables) 20 02 01 100
5 Terra e pedras 20 02 02 100
6 Residuos de construción e demolición, entullos (RCD's) 17 01 07 500
7 Residuos mesturados de construción e demolición distintos dos especificados noutros códigos 17 09 04 10
8 Roupa usada 20 01 10 10
9 Residuos téxtiles 20 01 11 10
10 Residuos de madeira que non conteñan substancias perigosas 20 01 38 50
11 Residuos metálicos 20 01 40 10
12 Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio 20 01 21* 1
13 Aceites de motor 13 02 05* 1
14 Filtros de aceite 16 01 07* 0,2
15 Absorbentes 15 02 02* 0,1
16 Baterías de chumbo 16 06 01* 10
17 Acumuladores de Ni-Cd 16 06 02* 1
18 Pilas que conteñen mercurio 16 06 03* 0,2
19 Pilas alcalilas que non conteñen mercurio 16 06 04 0,2
20 Outras pilas e acumuladores 16 06 05 0,1
21 Neumáticos usados 16 01 03 25
22 Aceites e graxas comestibles 20 01 25 5
23 Residuos biodegradables 20 02 01 10
24 Residuos de produtos químicos inorgánicos 16 05 07* 0,1
25 Residuos de produtos químicos orgánicos 16 05 08* 0,1
26 Pinturas, tintas, adhesivos e resinas que conteñen substancias perigosas 20 01 27* 3
27 Envases baleiros contaminados 15 01 10* 0,5
28 Sprays e aerosois 15 01 11* 0,5
29 RAEE's (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), (electrodomésticos liñas gris, marrón e branca concompoñentes perigosos) 20 01 35* 2 uds
30 RAEE's que non teñen componentes perigosos 20 01 36 1 uds
31 Cartuchos e tóner de impresora 08 03 17* 1
32 Envases compostos 15 01 05 0,5
33 Películas e papel fotográfico que conteñen prata 09 01 07 0,1
34 Disolventes 20 01 13* 1 uds
35 Equipos que conteñen clorofluorocarburos CFC's 20 01 23 1 uds
36 Residuos voluminosos 20 03 07 100

* Residuos perigosos

Condicións para a entrega:

  1. O traslado correrá a cargo do produtor ou posuidor, que poderá levar o automóbil ata o colector de depósito.
  2. Os residuos non deberán estar mesturados entre si, nin con residuos ordinarios.
  3. A empresa xestora do punto limpo poderá, por razóns xustificadas e debidamente documentadas no libro de incidencias da instalación, non permitir o depósito de residuos.
  4. O depósito dos residuos será realizado polo propio usuario das instalacións; segregará as fraccións nos colectores situados e identificados para o efecto.
  5. A reiteración na utilización do punto limpo levará consigo unha análise por parte da Inspección Ambiental Municipal, co fin de determinar unha utilización inadecuada.