Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Camiño a Camiño

O programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño" desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto para os meses de febreiro a xuño de 2015 unha programación que combina percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra e polo Norte de Portugal, con voluntariado medioambiental, con hortas-escola e con actividades divulgativas e formativas

"Camiño a Camiño" ten como obxectivo a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. Nesta edición, xunto con actividades clásicas, céntrase a atención na costa atlántica e proséguese coa actividade das hortas-escola que tan boa acollida está tendo. Tamén se incide nas accións formativas de voluntariado e de hortas.

  1. Destinatarios
  2. Inscricións
  3. Acreditación o día da ruta
  4. Información dos percorridos medioambientais
  5. Voluntariado mediambiental Camiño a Camiño
  6. Hortas urbanas de Vigo
  7. Conferencias e cursos de formación
  8. Blog Camiño a Camiño

Destinatarios

  • Persoas maiores de idade empadroadas en Vigo (autorízase á organización a comprobar tal condición e a solicitar o DNI previamente á realización da actividade).
  • No caso de residir en Vigo e non estar empadroado incluirase na Lista de agarda os xoves pola tarde ata as 20 horas, confirmándose a praza no caso de vacantes ao final do proceso de inscrición.
  • Menores de idade. Deberán ir acompañados polos seus pais ou titores legais. No caso de ir a cargo doutro adulto distinto deberá presentar un documento de autorización.
  • Inscrición no 010 (986 810 260) de luns a xoves, de 8 a 20 horas, da mesma semana da actividade. Nas rutas por Galicia o proceso realizarase na semana previa.
  • Datos mínimos de inscrición: nome completo, DNI (no caso de menores, DNI do titor), teléfono de contacto, data de nacemento e e-mail (opcional).
  • Cada persoa só poderá inscribir a un total de 4 persoas (agás no caso de unidades familiares con máis de un fillo/a), sendo necesario dispor de todos os datos esixidos. No caso do percorrido do tramo portugués da Costa Atlántica, redúcese a 2 persoas adultas e os seus fillos/as
  • A inscrición faise por estrito orde de chegada.
  • No caso de cubrirse o cupo da ruta ou de non estar empadroado, pasarase á lista de agarda.
  • As renuncias cubriranse coa lista de agarda, tendo preferencia as persoas empadroadas ás non empadroadas.

Inscricións

Para todas as actividades tramítanse unicamente a través do servizo de atención telefónica do Concello de Vigo - 010, sendo o prazo de inscrición de luns a mércores, de 8 a 20 horas, da mesma semana da actividade. Para non empadroados habilítase o xoves.

No caso do percorrido do tramo portugués da Costa Atlántica, a inscrición realizase presencialmente na Casa da Xuventude segundo o procedemento definido para este caso.

Para axilizar ao máximo o tempo de chamada, é preciso ter a man os datos que as operadoras rexistran no proceso (Nome e apelidos, NIF, teléfono de contacto e idade); ademais é importante comentarlle á operadora calquera incidente que poida ser relevante para os monitores, guías e socorristas (alerxias, discapacidades que afecten á práctica de exercicio físico, lesións, etc).

Acreditación o día da ruta

  • As persoas inscritas con carné de Camiño a Camiño: presentando este documento
  • As persoas inscritas sen carné de Camiño a Camiño: presentando o DNI e, nese momento, proporcionaráselle o carné de Camiño a Camiño.

Información dos percorridos medioambientais

  1. Rutas por Vigo e bisbarra
  2. Costa Atlántica: Oporto-Vigo
  3. Visita ás Illas Atlánticas
  4. 2ª andaina polos Montes de Vigo

Voluntariado medioambiental Camiño a Camiño

Programa de participación cidadá promovido pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado e dirixido a apoiar a xestión de necesidades medioambientais competencia do Concello de Vigo.

A participación no programa (ver Accións de voluntariado) require a realización dun Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (ver Cursos de formación), así como a cumprimentación do requisitos de ser maior de idade e ser veciño ou veciña de Vigo.

Para poder participar no Voluntariado mediambiental de Camiño a Camiño cómpre facer o acordo de colaboración de cara a cumprir cos requirimentos da lei de voluntariado de Galicia. Para tal fin, nas actividades de voluntariado e na Casa da Xuventude (López Mora 31, 9-14h e 17-20h) pódese cumprimentar, trasladando os citados acordos para o seu trámite á Oficina Municipal de Voluntariado.

Hortas urbanas de Vigo

  • Horta-escola de Sardomela (a carón do Colexio Sello - Cabral)
    • Martes 10-13h e venres 16-19h (novo horario)
  • Horta-escola de Fontáns (próxima a Ramón Nieto)
    • Mércores 16-19h e sábados 10-13h
  • Horta-escola de Pedro Alvarado (Teis)
    • Xoves 16-19h e sábados 10-13h (novo horario)
  • Horta-escola de Navia 
    • Martes 16-19h e sábados 10-13h
  • Horta-escola de Camelias 
    • Martes 16-18:30h
  • Hortas-escola en Casa da Xuventude e en Vigozoo.
    • Horario asignado a cursos e actividades de voluntariado

Requisitos para participar nas hortas-escola: ter Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude. Gratuíto

Nesta edición, o 25 de abril, as 12:00, terá lugar un acto de confraternización dos/das participantes nas hortas urbanas do Concello de Vigo.

Máis información na solapa "Hortas urbanas" de Blog de Camiño a Camiño

Cursos de formación

Como complemento ás actividades de educación medioambiental programadas para o 1º semestre de 2015, a Concellería de Medio Ambiente organiza unha oferta formativa centrada no voluntariado medioambiental e nas hortas urbanas.

A programación recóllese no apartado Cursos de formación

 

Blog Camiño a Camiño

Espazo de información e participación da comunidade de Camiño a Camiño.

Información das rutas: Os xoves de cada semana poderás atopar información das rutas da seguinte fin de semana, así como un resume do que aconteceu no anterior. Tamén poderás descargar fotografías e información de interese.

Voluntariado Camiño a Camiño: colocarase semanalmente a programación previsto así como as convocatorias puntuais que se realicen

Cursos de formación: aparecerán os cursos dispoñibles por tempada

Ademais, no correo info@caminoacaminovigo.org poderás deixar os teus comentarios ou aportacións ao blog, que no caso de cumprir coas normas de uso do blog serán volcados neste.

 
 

Concello de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100