Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Trámites

Lista de trámites

Inscrición no Programa Banco do Tempo

O Banco do Tempo é unha entidade onde se intercambian bens, coñecementos e servizos. A forma de pago é a hora, que se contabiliza mediante cheques de tempo. Non se trata dun intercambio directo entre dúas persoas, senón entre unha rede comunitaria na que cada un ofrece e demanda o que lle interesa.

Unha persoa deposita unhas horas de tempo, ofrecendo un servicio, coñecemento ou ben, e a cambio pode pedir tempo doutras persoas para resolver algunhas necesidades do día a día.

Inscrición no Rexistro Municipal de Parellas de Feito

Unha parella de feito é a unión de dúas persoas, con independencia da súa opción sexual, a fin de convivir de forma estable, nunha relación de afectividade análoga á conxugal.

Mediante este trámite farase a inscrición no rexistro municipal de parellas de feito.

Queixas e Suxestións

Este trámite está creado para a defensa dos intereses dos veciños e veciñas nas relacións co Concello. Pode comunicar accións de mellora ou deficencias no funcionamento dos servizos municipais.

Non se admitiran as queixas que estean pendentes de resolución xudicial, as anónimas e aquelas nas que se advirta abuso de dereito, carencia de fundamento, inexistencia de pretensión, así como aquelas outras cuxa tramitación irrogue prexuízo ó lexítimo dereito de terceira persoa.

Nota:

Este trámite é exclusivamente para Queixas e Suxestións.

As peticións aos departamentos de cuestións determinadas deberán ir dirixidas ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, e faranse de forma presencial ou a través da Carpeta do Cidadán.

Rexistro Municipal de Asociacións

Os Concellos deben establecer un rexistro para a inscrición das asociacións que actúen no seu territorio, nos termos e cos efectos previstos no artigo 236 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

O Rexistro Municipal de Asociacións, ten por obxectivo permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre éstas e o Concello e coñecer os seus fins e a súa representatividade, cara a posibilitar o fomento do asociacionismo e participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

Solicitude de Cesión do Auditorio do Centro Municipal de Teis

Trámite para solicitar lugares acondicionados para o desenvolvemento de actividades socioculturais.

Solicitude de Espazos e Equipamento nos Centros Municipais

Trámite para a solicitar de lugares acondicionados para reunións, asembleas etc. ou préstamo de material.