Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Noticias

Lista de noticias

Noticias

10/05/2013. O novo centro veciñal que constrúe o Concello na Miñoca estará rematado en 15 meses

Foto noticia
O alcalde, Abel Caballero, asistiu este venres ao acto de colocación da primeira pedra do futuro centro veciñal na rúa Fotógrafo Luis Ksado, que edifica o goberno de Vigo cun orzamento de 875.000 euros. O novo equipamento sociocultural contará con catro aulas para cursos e unha zona para usos múltiples. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

15/03/2013. O Concello remodela o local social cedido á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais

Foto noticia
O alcalde e membros do goberno visitaron este venres a sede da rúa Ecuador, tras rematarse a reforma realizada neste local. Segundo explicou Caballero, o Concello acometeu o acondicionamento e melloras de impermeabilización para evitar filtracións. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

27/02/2013. O rexedor presentou as accións da Oficiña Municipal do Voluntariado para o ano 2013

Foto noticia

(Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/02/2013. O Concello organizará máis cursos de informática de distintos niveis para persoas maiores

Foto noticia
Abel Caballlero visitou hoxe luns unha das aulas formativas ofertadas polo Concello no edificio municipal do Areal. En total, son 126 prazas habilitadas para clases de iniciación á informática, que inclúe correo e DNI electrónicos e Internet seguro para pais e nais. Dada a demanda existente, o rexedor avanzou que o Concello seguirá ofertando estas actividades formativas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

24/01/2013. O Concello imparte formación para a inserción no mercado de traballo e de iniciación á informática

Foto noticia
O alcalde visitou hoxe xoves as clases ofertadas polo Concello no edificio municipal do Areal, 126 prazas -das que 35 continúan dispoñibles- habilitadas para a iniciación á informática, que inclúe correo e DNI electrónicos e Internet seguro para pais e nais. O Concello realiza igualmente formación orientada ao mercado laboral. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

23/01/2013. O Concello apoiará á Asociación de Diabéticos sufragando o local e planificando actividades

Foto noticia
O alcalde reuniuse na tarde de onte martes con representantes da devandita asociación viguesa, que reúne a 1.000 afiliados. Caballero anunciou "cooperación activa" para conveniar o coste do seu local e elaborar un "programa integral de apoyo" ao colectivo en cuestións non médicas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Concello de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100