Escudo Concello de Vigo

Educación

Curso 2019-2020

Convocatoria Extraordinaria

Curso avanzado

Convocatoria Xeral

As persoas incluídas nos listados das probas de acceso, deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade administrativa a seguinte documentación:

  • Impreso de confirmación de matrícula, debidamente asinado pola persoa interesada, segundo modelo oficial (tamén se pode recoller na conserxería da Escola).
  • Fotocopia simple do seu DNI.

Datas e horario de matrícula

  • 24 ao 27 de setembro (de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas).
  • 30 de setembro (de 8:00 a 14:00 horas).

De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas, daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto o seguinte na lista de espera. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado, durante o primeiro trimestre do curso 2019-2020. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo o número de prazas ofertadas para cada especialidade.

** Antes de realizar a inscrición nos cursos extraordinarios, véxase os requisitos de acceso e características destes.

Preinscrición de alumnado de novo ingreso

  • Preinscrición online (Ata o 6 de setembro)
  • Preinscrición presencial (Ata o 6 de setembro):
    • Formulario de preinscrición: Descargar, cubrir, imprimir e presentalo por duplicado nas dependencias da EMAO nos horarios indicados na Convocatoria Xeral.
    • Lugar: Edificio principal da EMAO, Rúa García Barbón, 5.
    • Horario: de 10 a 14 horas, laborables de luns a venres (agosto, pechado).