Enderezo: Rúa Chile,15 Teléfono: 986 485 609Páxina web: www.teatroensalle.com e-mail: teatroensalle@teatroensalle.com
Horario de oficina:
- De luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Servizos:
- Sala de ensaio: Onde se realizan os cursos de interpretación, os cursos técnicos e o quecemento previo das compañías.
- Sala múltiple: Onde se realizan concertos, café-teatro, exposicións, etc.
- Sala de teatro: Cun aforo de 81 espectadores.
- Almacen - Taller: Para a creación de escenografías e almacenaxe destas.
Teatro Ensalle nace en outubro de 2003 coa intención de crear un espazo de encontro entre creadores e un público novo. O motivo de elixir Vigo para esta experiencia, sendo Teatro Ensalle unha compañía madrileña con dez anos de historia, é precisamente ese público "virxe" do que as compañías se poden nutrir. A avidez coa que este público recibe historias distintas contadas doutra maneira é un estímulo para as compañías e para todo o equipo da sala.
