Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Parques caninos

O Concello de Vigo dispón dende o 30 de xullo de 2012 de dúas zonas habilitadas para o esparexemento canino, o parque da Praza de Xoaquín García Picher e o de Ponte Nova.

(Publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 145, páxs. 20 e 21)

BOP núm. 145, páxs. 20). P. García Picher.Pdf

BOP núm. 145, páx. 21. P. Ponte Nova. Pdf

Trátase de dúas zonas diferenciadas:

Parque canino da Praza Joaquín García Picher

Está situado na confluencia da rúa Coruña coa rúa Jacinto Benavente.

 

Interior do Parque  Interior do Parque

O parque canino de Ponte Nova sitúase no paseo paralelo á senda peonil do río Lagares, baixo a urbanización "Aires".

Plano de Situación do Parque

Plano de situación

 

 

A grandes rasgos resaltar que as diferenzas entre un e o outro parque son:

Parque canino da Praza de Xoaquín García Picher

  • Ten unha superficie aproximada de 500 m2.
  • Existe un límite no horario de uso, permitíndose o acceso de 6 h a 24 h.
  • Non se permite o acceso de menores ao recinto se non van acompañados dun adulto, baixo a responsabilidade deles.
  • O recinto está limitado, pechado con doble porta de entrada e posúe bebedoiros. Asemade, dispón dun sanecan e un panel de información no que se recollen as normas para os usuarios do mesmo.
Panel informativo das Normas

Panel Informativo das Normas.

Desinfección.

Semanalmente estase a aplicar un tratamento para a desinfección do parque. Estes traballos faranse todos os venres e comenzarán o vindeiro día 17 de novembro, en horario de noite co fin de non perturbar aos usuarios do mesmo.

Durante a súa aplicación non está permitida á entrada de persoas nin animais, polo que o parque permanecerá pechado. Abrirase novamente ás 6 horas da mañá para o seu uso habitual.

Parque canino de Ponte Nova

  • Conta cunha zona de esparexemento de aproximadamente 14.000 m2.
  • Non ten límite horario.
  • O recinto está completamente aberto e dada a cercanía ás estradas de tránsito de vehículos, estableceuse un terreno como marxe de seguridade. Engadido a isto e co fin de facilitar a súa localización, colocáronse uns paneis indicadores a ambos lados da entrada, preto do lavadeiro de Ponte Nova e ao lado da ponte medieval de Sárdoma, indicando a distancia á que se atopa o parque, 240 e 120 m, respectivamente.
Sinalización   entrada ao Parque
Sinalización   entrada ao Parque

As entradas ao recinto están delimitadas por tres postes e un panel de información no que se recollen unhas normas básicas para as/os usuarias/os.

 

Entrada ao recinto
Panel informativo das Normas

Ademáis, dispón de dous sanecans ás saídas da zona de esparexemento canino.

Neste parque, por razóns de seguridade, está prohibida a circulación de bicicletas. Colocaronse tres sinais con este fin ademáis de informar ás/os usuarias/os que entran nunha zona de cans soltos. Os emprazamentos das sinais son:

  • Rúa Rua Ponte Nova con Fonte Santa
  • Enrique Alonso Salueiro confluencia con paseo
  • Camiño dos Carreiros entrada paseo Lagares

 

Señal de     prohibición de bicicletas
Señal de     prohibición de bicicletas
Señal de     prohibición de bicicletas
   

Agradecemos ĺa totalidade dos usuarios a súa colaboración para que estas zonas de esparexemento canino sean do agrado e goce de todos, evitando o seu deterioro.