Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Noticias de Medio Ambiente

Lista de noticias

Noticias

15/05/2013. O Concello impulsa unha investigación para mellorar o protocolo de actuación ante unha Reanimación Cardio Pulmonar

Foto noticia
O alcalde visitou este mércores unha das sesións da investigación que leva adiante o Concello, xunto coa Universidade de Vigo, para mellorar o protocolo de actuación do persoal municipal ante unha Reanimación Cardio Pulmonar e incrementar así as posibilidades de supervivencia dunha vítima. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

08/05/2013. O Plan Saúde prestou servizos a 17.516 usuarios desde a súa implantación no 2008

Foto noticia
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, explicou esta mañá que o 6% da poboación de Vigo utilizou nalgún momento algún dos servizos do Plan Saúde, no que se inclúe o Camiño a camiño. Desde 2008, un total de 17.516 usuarios formaron parte dos programas de actividade física, das charlas divulgativas ou de medicións antropométricas, algunhas das iniciativas impulsadas desde este plan municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

26/04/2013. O alcalde supervisa as obras de acondicionamento da zona de praias de cara ao verán

Foto noticia
Co obxectivo de que a zona de Samil estea en perfecto estado de cara ao verán, o rexedor achegouse esta mañá as praias para comprobar o avance das obras de posta a punto. Entre outras, referiuse á neceside de afianzar algúns muros e repoñer algunha baldosa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

12/04/2013. O goberno local aproba a creación en Navia dunha horta municipal de 4.000 metros cadrados

Tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da decisión de crear en Navia a maior horta urbana impulsada polo Concello ata o momento, 4.000 metros cadrados en Navia que darán servizo a unhas 200 persoas, aproximadamente. Navia únese ás xa existentes en Fontáns, Pedro Alvarado e Camelias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/02/2013. O Concello realiza unha terapia asistida con cadelas en dez asociacións sociais

Foto noticia
O alcalde mantivo hoxe xoves unha reunión coas dez asociacións beneficiarias en 2013 deste programa do Plan Saúde, un proxecto levado adiante por profesionais que emprega a cadelas como terapia para persoas, por exemplo, con alzheimer ou hiperactividade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/02/2013. O rexedor municipal participa nunha xuntanza cos voluntarios do programa municipal de hortas urbanas

Foto noticia
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/02/2013. Vigo convértese na primeira cidade galega que prohibe a instalación de circos con animais

Foto noticia
O alcalde de Vigo anunciou que a partir de hoxe venres non se instalarán na cidade circos con animais. Así o decidiu a Xunta de Goberno Local, atendendo sobre todo a criterios de defensa dos animais aínda que hai outros motivos, como o sanitario. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

12/02/2013. Caballero traslada ao Parlamento Europeo os avances medioambientais de Vigo nos últimos anos

Foto noticia
Abel Caballero detallou diante dos representantes do Parlamento Euroeo que veñen evaluar a calidade mediambiental da ría de Vigo os avances experimentados nesta cidade desde hai seis anos. Á posta en marcha da construcción da depuradora, engadiu os traballos de recuperación das dunas nas praias e as 350 rúas que se humanizaron durante este tempo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

12/02/2013. O rexedor visitou no Zoo aos nenos que participan nas actividades infantís organizadas polo Entroido

Foto noticia
Abel Caballero achegouse hoxe martes ao Zoo de Vigo para coñecer as actividades que a Concellería de Medio Ambiente organiza para o público infantil. Ao redor de 50 nenos e nenas disfrutan estes días de diversos obradoiros lúdicos nas instalacións municipais de A Madroa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/02/2013. O alcalde anima aos colexios de Vigo a participar en actividades divulgativas sobre os humedais

Foto noticia
Abel Caballero e Chus Lago compartiron hoxe luns unha actividade divulgativa na zona húmida de A Bouza cun centenar de estudantes de 6º de primaria. Durante a visita, o alcalde enmarcou esta experiencia dentro dos traballos de recuperación e mantemento dos sete humedais cos que conta Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Concello de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100