Escudo Concello de Vigo

Tráfico e Transportes

Trámites de Tráfico

Lista de trámites

Alegacións a Multas de Tráfico do Concello de Vigo e Identificación do Conductor

Se non está de acordo coa denuncia interposta por infracción de tráfico, e non renunciou a formular alegacións mediante o abono da multa coa redución do 30%, ten un prazo de quince días hábiles , contados desde o seguinte á notificación, para alegar canto considere conveniente a súa defensa e propor as probas que estime oportunas.

Autorización Municipal do Servizo de Transporte Escolar para o curso 2016-2017

De conformidade co disposto no artigo 3 da Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar, os titulares das empresas de vehículos dedicados á realización do servizo de transporte escolar dentro do casco urbano, antes do comezo do próximo curso 2016-2017 (setembro 2016), deberán dispoñer da oportuna autorización municipal.

Autorización Municipal para Realizar Disparos ou Queimas de Material Pirotécnico en Contía Menor de 50 kg.

Non se considera preceptiva a autorización municipal para o disparo ou queima de material pirotécnico das clases I e II, establecidas pola Instrución Técnica Complementaria nº 19 do Regulamento de Explosivos, na súa redacción dada pola Orde PRE/174/2007, de 21 de xaneiro.

Non obstante o establecido no párrafo anterior, cando a contía de material pirotécnico a disparar ou queimar supere os 50 kg., só poderá realizarse coa autorización da Subdelegación do Goberno da Provincia de Pontevedra, independentemente da clasificación dos artificios.

Prohibicións xerais: (Artigo 2 do Bando Municipal de Material Pirotécnico)

1. Prohíbese o disparo ou queima de material pirotécnico a menos de 300 metros de calquera depósito ou almacén que conteña ou almacene sustancias ou materiais susceptíbeis de arder ou defragrar, mesmo se non é preceptiva a autorización municipal.

2. Con carácter xeral, prohíbese o disparo de fogos de artificio ou queima de materiais pirotécnicos de ningunha clase en terreos forestais e nas zonas de influencia forestal, entendidas estas coma as áreas estremeiras que abranguen unha franxa circundante dos terreos forestais cunha largura de 400 metros.

3. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, e como única excepción, en festas locais ou de arraigada tradición cultural poderase obter autorización para realizar o disparo ou queima de material pirotécnico en zonas de influencia forestal, sempre salvagardando o límite do 2.1, agás cando no Índice de Risco Diario de Incendio Forestal publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Distrito XVIII (ao que pertence Vigo) apareza co nivel 5.

Baixa por Ocupación Vía Pública: Valados, Andamios e Aparcamento Exclusivo

A efectos das competencias de inspección e control sobre o estado da vía pública por parte dos Servizos de Infraestruturas e Obras e Circulación Viaria, os solicitantes da reserva de ocupación en viarios públicos, rúas ou beirarrúas de propiedade municipal, estarán obrigados a formular a baixa do aproveitamento unha vez retirados os elementos que motivaron dita reserva.

Mediante este trámite solicita dar de baixa a reserva de ocupación de vía pública para:

A. Valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.

B. Aparcadoiro exclusivo.

Consulta das multas de tráfico

Pode consultar as multas de tráfico que estén ao seu nome dende o ano 2006. Pode obter o seu estado, importe e detalles da infracción.

Impresión da carta de pagamento das multas de tráfico

Pode imprimir a carta de pagamento das infraccións de tráfico. Tanto estén no perido de bonificación coma se non.

Petición de Fotos por Retirada do Vehículo polo Guindastre Municipal

Solicitude das fotos realizadas ao retirar o vehículo polo guindastre municipal.

Recollida do Vehículo do Depósito Municipal

Recollida do vehículo do depósito municipal pola súa retirada da via pública.

Solicitude / Autoliquidación da Autorización para Colocación de calquera Medio Mecánico ou Aparellos Elevadores Sen Matrícula para a Construción na Vía Pública

Mediante este trámite solicítase autorización para colocación de calquera medio mecánico ou aparellos elevadores sen matrícula para a construción, na vía pública.

Solicitude / Autoliquidación de Certificado por Cambio de Vehículo Taxis

Mediante este trámite vostede poderá solicitar o certificado de cambio de vehículo.

Solicitude / Autoliquidación de Duplicado de Carnés ou Licenzas de Taxi

Solicitude de duplicado do permiso municipal de conducir ou das licenzas de auto-taxi.

Solicitude / Autoliquidación de Instalación de Terrazas na Vía Pública con Mesas e Cadeiras

A implantación destas instalacións require a previa obtención de licenza municipal nos termos previstos na Ordenanza Municipal reguladora e na normativa sectorial aplicable.

A licenza municipal permite ao solicitante o aproveitamento de terreos de dominio público dentro do término municipal de Vigo mediante a ocupación temporal con terrazas e instalacións análogas que constitúan complemento da actividade que desenvolven os establecementos de hostalería de carácter permanente.

Estas normas non serán de aplicación aos actos de ocupación do dominio público de carácter hostaleiro que se realicen con motivo da celebración das festas patronais, ferias e festexos populares, que se rexirán polas súas normas específicas.

A estes efectos, entenderase por terrazas, as instalacións formadas por mesas, cadeiras, parasois, toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario urbano móbiles e desmontables, que desenvolven a súa actividade de forma accesoria a un establecemento principal de hostalería tal como bar, café-bar, cafetería, restaurante o similares.

Solicitude / Autoliquidación de Licenza de Entrada de Vehículos (vados)

O paso de vehículos a locais ou espazos de uso privado, pasando sobre espazos de uso público peatonal, requirirá a correspondente licenza municipal de vado. A licenza de vado conlevará a prohibición de aparcamento de calquera vehículo fronte á entrada do local e, por conseguinte, a autorización para señalizar tal circunstancia.

Solicitude / Autoliquidación de Obtención do Carné de Taxi (Permiso Municipal de Conductor)

Proba para obter o permiso municipal de conducir necesario para poder conducir un taxi no municipio de Vigo.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Aparcamento Exclusivo e Parada de Vehículos por Obra (Duración Indefinida)

Mediante este trámite autorízase o aparcamento exclusivo de vehículos para carga e descarga en zonas restrinxidas por Ordenanza Municipal.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Carga e Descarga por Obras e Mercadorías de calquera Clase

Mediante este trámite autorízase o aparcamento en exclusivedade de vehículos para carga e descarga, por obras e mercancías de calquera clase.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Valados, Puntais, Asnillas, Andamios e Outras Instalación Análogas

Autorización para ocupar terreos de uso público local con valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación de Vía Pública para Postos, Barracas, Casetas de Venda, Espectáculos, Atraccións de Recreo etc.

Ocupación de vía pública para celebración de festas populares e outros eventos na vía pública (mesas petitorias, exposicións, etc).

Solicitude / Autoliquidación de Revisión de Vehículos Taxis

A revisión dos vehículos auto-taxi é necesaria no momento da concesión da licenza municipal de auto-taxi e cando se faga un cambio de vehículo.

Solicitude de Licenza de Taxi

A prestación do servizo público de Auto-Taxi da Cidade de Vigo estará suxeita á previa obtención de licenza municipal, que se outorgará de conformidade e cos requisitos esixidos no Regulamento Nacional dos Servizos Urbanos de Transportes en Automóbiles Lixeiros vixente en cada momento, coas especificacións contidas na Orden do 4 de febreiro de 1993 que desenvolve o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres.

A convocatoria e outorgamento de licenzas polas entidades locais virá determinado pola necesidade e conveniencia do servizo a prestar ao público.

Solicitude de Ocupación da Vía Pública con Instalación de Posto de Venda na Vía Pública (Venda Ambulante)

Considérase venda ambulante:

1. A realizada en feiras e mercados que se realicen en lugares establecidos cunha periocidade determinada.

2. A realizada en mercados ocasionais debidos á celebración de festas ou acontecementos populares.

3. O comercio na rúa, entendido este como o realizado na vía ou no espazo público nun número de postos, situación e períodos determinados.

Non terán a consideración de ambulante as vendas realizadas dentro de locais ou recintos ocupados por un certame ferial.

Clasificación das autorizacións:

Autorización para a venda de artigos de temporada, con localización en zonas ou lugares concretos ou por tempo determinado (venda de xelados, castañas etc.).

Autorización para a venda en vía pública por un prazo determinado ou en puntos ou zonas sinaladas previamente (barquillos, cacahuetes, etc.).

Autorización para o exercizo de servizos ou actividades como fotógrafos, afiadoras, limpabotas, pianos de manubrio, etc.

Autorización para a venda doutros produtos non previstos nos apartados anteriores. Exceptúase a venda de toda clase de produtos alimenticios que queda prohibida conforme coas normas contidas nas disposicións vixentes.

Transmisión da Licenza de Taxi por Falecemento do Titular

A Licenza Municipal de Autotaxis poderá transmitirse por falecemento do titular, a favor do seu cónxuxe viúvo ou herdeiros lexítimos.

Cando o cónxuxe viúvo ou os herdeiros lexitimarios non poidan explotar as licenzas como actividade única e exclusiva, poderá transmitila a favor dos solicitantes reseñados no artigo 12 do Regulamento Nacional, tendo, en todo caso, dereito a tanteo calquera outro herdeiro forzoso en posesión do carnet de conductor municipal.

Transmisión da Licenza de Taxi por Posesión Superior a 5 anos

O titular da licenza de Auto-Taxi poderá transmitila cando a houbese ostentado durante 5 anos como mínimo.

Transmisión da Licenza de Taxi por Xubilación ou Incapacidade Laboral do Titular

O titular da licenza de Auto-Taxi poderá transmitila cando lle sexa declarada unha incapacidade laboral polos Tribunais ou Organismos competentes, que lle impidan o exercicio da profesión.