Escudo Concello de Vigo

Infancia

Espazo de Lecer Casa da Xuventude

  • Enderezo: Rúa López Mora 31, 36211 Vigo.
  • Teléfono: 986 294 806
  • E-mail: xuventude@vigo.org
  • Servizos:
    • Servizos de dinamización infantil (4-12 anos) durante o curso escolar, semana santa e nadal.
    • Verán xove (vacacións escolares de verán).
  • Horario: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. En vacacións escolares: de 8:00 a 16:00 horas.
  • Liñas de autobuses: C5A, C5B, C9A, C9B, C17, L4A, L4B, L12A, L12B, L20.

Regulamento interno do Espazo de Ocio e Tempo da Casa da Xuventude

  • A participación infantil é aberta polo que socias e socios poden entrar e saír cando queiran dentro do horario establecido. Para entrar no Espazo de Ocio e Tempo é imprescindible a presentación do carné, que se terá que recoller sempre que se saia.
  • O Espazo de Ocio e Tempo é responsable das nenas e dos nenos dentro das súas instalacións e naquelas actividades que se levan a cabo no exterior que sexan organizadas polas monitoras ou monitores, así como nas saídas que precisen a autorización dos pais.
  • O Espazo de Ocio e Tempo permanecerá aberta nos días de excursión.
  • As socias e socios poderán levar xogos e libros en servizo de préstamo ao seu domicilio, co compromiso de devolvelos, e facéndose responsables deles segundo as normas do Espazo de Ocio e Tempo.
  • As monitoras e monitores comunicarán aos pais, nais, calquera tipo de problema, incidencias, observacións ou aspectos máis salientables que poidan xurdir. Estes comprométense a colaborar co equipo de monitores no traballo de educación no lecer do Espazo de Ocio e Tempo.
  • Considéranse faltas graves as agresións e comportamentos reiterados que distorsionen a dinámica normal do Espazo de Ocio e Tempo. Nestes casos, e previa información as nais, pais ou titores do problema, o Espazo de Ocio e Tempo ten potestade para decidir a exclusión temporal ou indefinida.
  • As socias e socios deberán respectar as normas básicas de convivencia coma: non gritar, atender, obedecer, non molestar ou interferir no xogo doutros compañeiros.
  • Carta de Servizos do Espazo de Ocio e Tempo: documento en formato pdf no que se indican os servizos, formas de acceso, indicadores de funcionamento e compromisos adquiridos cos usuarios e usuarias.