Volver á paxina principal

Cultura: Museo Verbum

Enderezo: Av. de Samil, 17. 36212 Vigo
Teléfono: 986 240 130
Fax: 986 240 633
Páxina web: verbum.vigo.org
e-mail: verbum@vigo.org

Horarios:

  • De martes a domingos de 10:00 a 19:00
  • Pechado os luns non festivos.
  • De outubro a maio: de 10:00 a 19:00
  • De xuño a setembro de 10:00 a 21:00.
  • Pechado o 1 e o 6 de xaneiro e o 25 de decembro.

Servizos:

  • Visitas para grupos con cita previa no teléfono 986 240 130.
  • Auditorio.
  • Punto de información dixital no vestíbulo.
  • Aparcadoiro.
  • Cafetería.

Proxectado polo arquitecto galego César Portela e situado no entorno da praia de Samil, o Verbum - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana; está deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Estrutúrase en catro andares unificados por unha caixa de luz que os atravesa e os relaciona, semellando un conxunto de caixas chinesas que se conteñen as unhas ás outras.

O museo é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coas linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escrita, a literatura e a tecnoloxía.

O deseño expositivo organízase en 29 cubos que conteñen, no seu interior, un total de 81 módulos que desenvolven os distintos temas do museo: linguaxe, ciencia, literatura e tecnoloxía. Ademais, o museo organiza actividades interactivas destinadas a escolares, asociacións culturais, familias, etc.

Alberga tamén unha Sala de Exposicións Temporais, así como un auditorio e unha aula para seminarios.