Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Trámites de Servizos Sociais

Lista de trámites

Centro de atención para drogodependencias do Concello de Vigo (CEDRO)

“CEDRO” é o centro de atención para drogodependencias do Concello de Vigo.
Desde CEDRO ofrécese información, orientación, diagnóstico e tratamento de drogodependencias.

Abordamos o problema da drogodependencia desde un enfoque multidimensional, mediante unha metodoloxía de atención multidisciplinar coordinada, con personalización do plan terapéutico individual, que combina estratexias médico-psiquiátricas, psicológicas e sociais.

Realizamos unha evaluación diagnóstica integral para determinar as necesidades de intervención específicas en cada usuario e as prioridades á hora de establecer os obxectivos terapéuticos.

Tratamos de ofrecer unha resposta adecuada para cada unha das etapas diferenciadas do proceso terapéutico:

1. Desintoxicación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia física.

2. Deshabituación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia psicológica.

3. Reinserción, ou proceso de rehabilitación da autonomía social.

Informe Social para acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España da O.I.M.

Emisión de Informe Social con valoración favorable para acollerse ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España (PREVIE) da O.I.M. (Organización Internacional para as Migracións).

Informe de Inserción Social dun Estranxeiro (Arraigo Social)

Informe emitido polo Concello, imprescindíbel por lei, como parte da documentación necesaria para regularizar a estancia en España das persoas estranxeiras.

Neste informe débese facer constar o tempo de permanencia da persoa estranxeira en España e concretamente en Vigo, os medios de vida cos que conta, o seu coñecemento das linguas que se utilicen na seu contorno (galego e español), o seu coñecemento e inserción nas redes sociais da seu contorno, os programas de inserción sociolaboral en que participe e calquera outro extremo que determine o seu grado de arraigo no municipio.

A persoa estranxeira deberá acreditar documentalmente todos os datos anteriores e en base a eles emitirase o Informe cunha Valoración favorable ou desfavorable sobre o seu grado de inserción.

Inscrición para as Entidades ou Centros nos Talleres de Avellentamento Activo

Unha visión positiva da vellez significa un recoñecemento das autoridades, da sabiduría, da dignidade e de toda unha vida de experiencia dos maiores. Non obstante, nas sociedades contemporáneas, con demasiada frecuencia se esquece o sistema de valores e as persoas maiores aparecen no mundo como un gasto para o sistema naciaonal de saúde e un estorbo para a sociedade.

A sanidade e os servizos adecuados, non cabe ningunha dúbida que son grandes determinantes de envellecemento satisfactorio e positivo.

Inscrición para as Persoas Interesadas nos Talleres de Avellentamento Activo

O departamento de Pólitica de Benestar vai realizar diversas actividades ao longo do ano co obxectivo de potenciar as capacidades e habilidades nas persoas maiores para un bo avellentamento e unha prevención da dependencia.

O avellentamento é unha etapa máis da vida. Nesta etapa igual que noutras prodúcense cambios físicos, psicolóxicos e sociais.

Aínda que durante moito tempo equiparouse o avellentamento a un período de perdas, comprobouse que hai funcións ou capacidades que mantañen a súa actividade ou incluso poden chegar a mellorar gracias á posta en práctica de determinados estilos de vida.

Lecer no Verán para Persoas con Discapacidade - Xullo e Agosto 2014

O departamento de Política de Benestar en colaboración con Pasovigo vai realizar o proxecto “Lecer no verán para persoas con discapacidade” durante os meses de xullo e agosto que consiste nun servizo de ocio e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido ás persoas con discapacidade (parálise cerebral, autismo, síndrome de down, etc.) empadroadas no Concello de Vigo.

Consta de dúas actividades:

* "Diviértete no verán" no mes de xullo

* "Verán do lecer" no mes de agosto

As solicitudes presentarse no rexistro xeral do Concello dende o 19 ao 31 de maio en horario de 9.00h a 13.30h.

Lei de Dependencia: Solicitude e Valoración de Grao de Dependencia

A Lei 39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención ás personas en situación de dependencia (Lei de Dependencia) ten por obxecto regular as condicións básicas que garantan a igualdade no exercicio do dereito subxetivo de cidadanía á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, nos términos establecidos nas leis, mediante a creación dun Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, coa colaboración e participación de todas as Administracións Públicas e a garantía pola Administración Xeral do Estado dun contido mínimo común de dereitos para todos os cidadáns en calquera parte do territorio do Estado español.

O Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia responderá a unha acción coordinada e cooperativa da Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas, que contemplará medidas en todas as áreas que afectan ás persoas en situación de dependencia, coa participación, no seu caso, das Entidades Locais.

Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social

Os servizos sociais municipais, traballan co obxectivo de garantir a atención das necesidades básicas do conxunto da poboación, especialmente dos colectivos con maiores dificultades de inserción, de acordo cos principios da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia.

En xeral, e como metodoloxía de traballo, os servizos sociais municipais prestan unha atención integral ás persoas baseada no esforzo da súa autodeterminación e a potenciación dos seus propios recursos e os do seu contorno familiar e comunitario, contando cun conxunto de prestacións entre as que se inclúen as axudas municipais como resposta ás carencias graves na cobertura das necesidades básicas.

Para acadar ese fin apróbase o presente marco de actuación para o desenvolvemento dos procedementos aplicables para o outorgamento das axudas directas non periódicas, de caracter individual e de emerxencia, para o ano 2017, no marco xurídico definido na normativa reguladora das subvencións públicas e de acordo cos criterios normativos e regulamentarios aprobados polo Concello de Vigo de forma especifica, en relación coas subvencións, dentro das bases de execución orzamentaria.


Programas e Servizos para Persoas con Discapacidade

A Concellería de Política de Benestar ofrece distintos programas, proxectos e servizos para persoas con discapacidade.

Proxecto "Viaxa e Coñece"

Dentro do programa baseado no Avellentamento Activo, o Departamento de Política Benestar realiza o proxecto “Viaxa e coñece” dirixido aos colectivos de persoas maiores empadroadas no Concello de Vigo e lévase a cabo na rede de Centros Cívicos Municipais ou veciñais.

Para levar a cabo este proxecto o Departamento de Política de Benestar do Concello porá a disposición dos Centros Cívicos Municipais ou veciñais o servizo dun autobús.

O proxecto ten como obxectivo coñecer o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico de Galicia e do Norte de Portugal.

Proxecto de Respiro Familiar Municipal Dirixido a Familias ou Coidadores de Persoas con Discapacidade -

A Concellería de Política de Benestar do Concello de Vigo desenvolve mediante un convenio de colaboración coa Fundación Menela o programa de “Respiro Familiar”.

Servizo Municipal de Axuda no Fogar

O servizo de axuda no fogar, ten por obxecto prestar un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora a individuos e familias no seu fogar, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía, por motivos de índole físico, psíquico ou social, facilitando a permanencia no seu propio entorno e mellorando a súa calidade de vida.

A axuda no fogar é un servizo público que ten a consideración de prestación básica, de servizos sociais de atención primaria inserta no sistema integrado de servizos sociais, de carácter complementario e transitorio, que non exime ás familias das súas responsabilidades, con planificación, coordinación e control público, que a través de persoal cualificado e supervisado presta, a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico, ás familias e persoas con dificultades para procurar o seu benestar físico, psíquico e/ou social, proporcionándolle a posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentras iso sexa posible e conveniente.

Prestacións que se ofrecen desde o servizo de axuda no fogar:

1. Servizos de carácter doméstico e persoais que comprenden os servizos de limpeza da vivenda, lavado e pasar o ferro á roupa na lavandería, realización de compras, preparación de comidas, aseo persoal e outros de naturaleza análoga ou complementaria dos anteriores que poidera necesitar o beneficiario para o seu total desenvolvemento. Para levar a cabo estas actuacións o usuario deberá contar ou proveerse dos medios necesarios. No seu defecto, os servizos sociais competentes poderán xestionar os recursos axeitados para que ditas atencións poidan ser realizadas convintemente.

2. Atención social, tanto no referido ás prestacións básicas como servizos especializados, en coordinación co persoal dos servizos sociais de atención primaria e dos servizos especializados.

3. Atención psico-social para o desenvolvemento das habilidades sociais e hábitos de recuperación.

4. Coordinación cos servizos médicos, de enfermería e de atención dos servizos sanitarios básicos (pequenas curas, control da medicación, etc.) sempre baixo a surpervisión do persoal médico.

5. Actividades lúdico-recreativas e de terapia ocupacional.

6. Compañía no fogar e fóra do mesmo cando sexa necesario.

7. Outros servizos non contemplados nos apartados anteriores que poidan ser incluidos con carácter específico para cumplir os obxectivos perseguidos con este programa.

Estes servizos son en calquer caso compatibles entre eles.

Solicitude da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)

A Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) é unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.

Solicitude de Acceso ao Programa Xantar na Casa

O programa Xantar na Casa é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomía persoal, para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

Solicitude de Autorización de Residencia Temporal por Circunstancias Excepcionais de Arraigo Social (Trámite Externo)


É unha autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais que se poderá conceder a cidadáns estranxeiros que se achen en España e, ou ben teñan vínculos familiares en España ou estean integrados socialmente.

Solicitude de Información Xurídica en Materia de Estranxería

Mediante esta solicitude poderá recibir información sobre dereito de estranxería relacionada con trámites tales como:

- Regularización en xeral (autorización de residencia, residencia e traballo, autorización de residencia por circunstancias excepcionais, etc)

- Renovación de autorizacións de residencia e de residencia e traballo.

- Visados.

- Tarxeta de estudante e traballo dos estudantes estranxeiros.

- Asistencia sanitaria dos estranxeiros en situación regular e irregular.

- Nacionalidade: Adquisición de nacionalidade española, pérdida e recuperación, dobre nacionalidade.

- Legalización de documentos estranxeiros.

- Homologación de títulos estranxeiros e convalidación do permiso de conducir.

- Réximen comunitario.

- Infraccións e Sancións: Procedemento de expulsión, devolución, etc

- Asistencia xurídica gratuíta.

- Información legal familiar.

- Prórroga de estancia e autorizacións de regreso.

- Calquera outra cuestión que se poida suscitar en torno a esta materia

Solicitude de Informe de Vivenda para Reagrupación Familiar

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia da persoa estranxeira que reside legalmente no pais e que quere traer aos seus familiares, cónxugue, descendentes menores de idade, e ascendentes.

No informe tense que facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamiento.

Solicitude de Informe de Vivenda para Regularización de Menores

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.

Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.

Teleasistencia Domiciliaria do Concello de Vigo

O servizo municipal de teleasistencia domiciliaria é unha prestación social de natureza tecnolóxica que, a través dunha liña telefónica e cun equipo de comunicacións e informático específico, permite ás persoas usuarias porse en contacto cun centro de atención de chamadas que conta con personal especializado para dar resposta ás necesidades plantexadas de forma ininterrumpida as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Os obxectivos xerais deste servizo son a permanencia das persoas usuarias no seu medio habitual de vida e o contacto co seu contorno socio-familiar, evitando o desarraigo e os ingresos innecesarios en centros residenciais, así como a garantía dunha intervención inmediata en situacións de crises persoais, sociais ou médicas, proporcionando seguridade no seu domicilio e unha mellor calidade de vida.

Constitúen os obxectivos específicos do servizo a prestación do apoio e axuda necesarios ás persoas usuarias a través dunha conexión permanente co centro de atención, a actuación no propio domicilio en situacións de emerxencia, mobilizando os recursos que sexan necesarios e o recordatorio para a realización de actividades ou tarefas concretas da vida cotiá (visitas médicas, toma de medicamentos, etc.).

Título de Familia Numerosa

O título de familia numerosa é o documento que se concede para acreditar a condición de familia numerosa, así como na categoría en que a mesma está clasificada e poder facer uso daqueles beneficios que estean establecidos para este tipo de familias, para o que deberá presentarse este título cada vez que queiran beneficiarse das axudas previstas. O título terá validez en todo o territorio nacional.