- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Infancia
- Ludotecas
- Ludoteca de Coia
Infancia
Ludoteca de Coia
- Idades: de 7 a 12 anos.
- Horario: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. En vacacións escolares: de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
- Liñas de autobuses: C3, C4A, C4B, C4C, C5, L10, 12A, C15A.
- Enderezo: Pavillón deportivo. Avenida de Castelao s/n. Vigo.
- Teléfono: 986 242 737.
Regulamento interno da Ludoteca de Coia
- Levar o carné todos os días.
- Aquel que extravíe ou estrague o carné, para voltar a facelo, terá que traer unha foto e pagar unha multa.
- Cando as nenas e nenos falen, despois de pedir a súa vez, teñen que ser escoitados e respectados.
- Facer caso e escoitar ás monitoras e monitores cando expliquen un xogo, obradoiro...
- Hai que estar calados naqueles actos que se celebren na Ludoteca (cine, teatro...).
- Non se pode insultar, pegar, nin faltar ao respecto entre as nenas e nenos.
- Non se pode berrar dentro da Ludoteca.
- Non se pode poñer os pés enriba dos sofás nin das mesas.
- Apuntar os xogos antes de xogar e devolvelos en condicións cando se remate.
- Só se pode comer dentro da Ludoteca nos días de cine e festa.
- Só se pode andar descalzo polas zonas habilitadas para tal uso.
- Só se pode correr dentro da Ludoteca, naqueles xogos autorizados polos monitores.
- O lixo bótase na papeleira, e se atopamos algo tirado, o recollemos e o depositamos nela.
- Cumprir as normas que entre todos decidimos.
- Carta de Servizos da Ludoteca: documento en formato pdf no que se indican os servizos, formas de acceso, indicadores de funcionamento e compromisos adquiridos cos usuarios e usuarias.
