- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Cultura
- Museos, Fundacións e Centros culturais
- Castro de Vigo
Cultura
Castro de Vigo
O Castro de Vigo
- Horario de Inverno (outubro - abril): mércores a domingo de 11 a 13 horas polas mañás e de 16 a 18 horas polas tardes.
- Horario de Verán (maio - setembro): mércores a domingo de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes.
- Visitas guiadas gratuítas: Teléfono de información cidadá 010.
- Páxina en Facebook
O Castro de Vigo localízase no monte do Castro, situado en pleno centro urbano da cidade. As escavacións efectuadas ao longo do pasado século, na aba nordeste do monte, permitiron recuperar unha vintena de construcións e numerosas estruturas escavadas na rocha correspondentes a canles, pías, buratos de poste, etc.
Os restos escavados son unha pequena parte dun poboado castrexo que se estendería polas abas do monte, habitado entre o século II a.C. e o século III d.C. Foi abandonado pacificamente, probablemente polo traslado dos seus habitantes á zona do Areal.

As construcións orixinais harmonizan coas réplicas
Baseándonos na información proporcionada polo depósito arqueolóxico e por outros castros similares, reproducíronse tres edificacións que ilustran un momento inicial da ocupación romana.
Ante as réplicas, levantadas ata o tellado, os muros orixinais parecen pequenos e insignificantes. Con todo, son estes os que teñen auténtico sentido humano. Son os que construíron os seus habitantes, hai uns dous mil anos, para vivir coas súas familias. Por todo isto, e porque ofrecen información arqueolóxica, constitúen valiosos documentos do pasado que debemos coñecer e conservar.

Unidades Didácticas
Deixamos a disposición dos grupos que o desexen unidades de traballo adaptadas ás diferentes franxas de idades. Poderán ser descargadas por quen queira contar con materiais para facer máis produtiva a visita ao depósito arqueolóxico.
Educación Infantil
Primaria (1º ciclo)
Primaria (2º ciclo)
Educación Secundaria Obrigatoria
Bacharelato (Persoas adultas)
Documentación
- Proxecto de recuperación e musealización dos restos escavados
- Carteis interior
- Carteis exterior
- Políptico
A curiosidade do mes
Aquí presentaremos mes a mes datos, detalles ou curiosidades que teñan que ver co depósito arqueolóxigo do Castro. Na caseta de recepción de visitantes do propio depósito poderase recoller máis información sobre o tema protagonista de cada mes.
LocalizaciónConsulte no mapa a situación exacta do depósito arqueolóxico.