Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Calendario do programa

No entorno de Vigo e bisbarra está previsto percorrer no mes de marzo as sendas polas ribeiras dos ríos, en concreto do Lagares (dende Cabral ata a desembocadura), do Zamáns (ata Gondomar), do Eifonso e do Verdugo (dende o encoro de Eiras ata preto da desembocadura).

No mes de abril e principios de maio vaise levar a cabo unha experiencia interesante de coñecemento dos entornos de destacadas construcións do Románico galego nas provincias de Pontevedra e Ourense, sobre os que habitualmente están trazados sendeiros recoñecidos: Armenteira en Meis, Aciveiro en Forcarei, San Pedro de Roca e San Estevo de Ribas de Sil en Pereiro de Aguiar, Oseira en Cea e, finalizarase cun percorrido polo Románico en Vigo entre a Igrexa de Coruxo e a Igrexa de Bembrive, pasando pola Igrexa de Castrelos, da que se celebra o 800 aniversario.

Na segunda quincena de maio terán lugar as tradicionais visitas as Illas Cíes.

Tamén hai previstas dúas andainas por media montaña de Galicia: a finais de abril no Concello de Cea (coincidindo cos que fan a ruta de domingo a Oseira) e a principio de xuño nos Ancares.

Por último, para rematar a tempada en xuño, realizaranse as clásicas rutas nocturnas polos montes de Vigo, nesta ocasión no entorno dos montes de Zamáns e de Valladares.

Sendas de ribeira

  • 5 marzo Río Lagares (Cabral-desembocadura) (1)
  • 12 marzo Río Zamáns (ata Gondomar) (2)
  • 19 marzo Río Eifonso (1)
  • 26 marzo Río Verdugo (Encoro Eiras-preto desembocadura) (2)

Sendas polo románico galego

  • 2 abril Armenteira (Meis) (3)
  • 9 abril Aciveiro (Forcarei) (3)
  • 23 abril San Pedro de Roca-San Estevo de Rivas de Sil (Pereiro de Aguiar) (3)
  • 30 abril Oseira (Cea) (3)
  • 7 maio Románico en Vigo (Coruxo-Castrelos-Bembrive) (1)

Rutas por Galicia

  • 29-30 abril Percorridos por Oseira e Cea (4)
  • 3-4 xuño Percorridos polos Ancares (Castelo de Donís) (4)

Visita ás Illas Atlánticas

  • 14 maio Illas Cíes I (5)
  • 21 maio Illas Cíes II (5)

Nocturnas

  • 3 xuño Nocturna polos montes de Zamáns (6)
  • 10 xuño Nocturna polos montes de Valladares (6)

Inscrición e Funcionamento

Inscrición normal: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.

Inscrición Rutas por Galicia: o mesmo procedemento, na semana antes da actividade.

Lugar de recollida do ticket de viaxe percorridos gratuítos: no momento de coller o autobús na Praza do Rei.

Lugar de recollida do ticket de viaxe percorridos con achega: ao ter concedida a praza recóllese na Casa da Xuventude (López Mora 31) ata o xoves as 20 horas. No caso de non efectuar o pago nese prazo, perderase a praza e chamarase á lista de agarda.

  1. Percorridos de mañá gratuítos (ata 300 prazas). Saída 9:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:00. Retorno estimado: entre 13:30 e 14:30, na Praza do Rei. Desprazamento autobús urbano.
  2. Percorridos de mañá con achega 3 euros (ata 300 prazas). Saída 9:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:00. Retorno estimado: entre 13:30 e 14:30, na Praza do Rei. Desprazamento autobús discrecional. Menores de 12 anos: 50% da achega.
  3. Percorridos de día completo con achega 7 euros (ata 300 prazas). Saída 8:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:00. Retorno estimado: entre 19:30 e 20:30, na Praza do Rei. Desprazamento autobús discrecional. Menores de 12 anos: 50% da achega.
  4. Rutas por Galicia: percorridos de fin de semana con achega 50 euros (Oseira-Cea) ou 65 euros (Ancares) (ata 50 prazas adultos). Saída 8:15 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:00. Retorno estimado: domingo 20:00, na Praza do Rei. Desprazamento autobús discrecional. Desprazamento, estadía e manutención cubertas pola achega, agás o xantar do sábado que o levará cada participante.
  5. Cíes: percorridos de día completo con achega 7 euros (400 prazas). Saída 9:00 dende a Estación Marítima de Vigo. Retorno estimado: 20:00. Menores de 12 anos: 50% da achega.
  6. Nocturnas: percorridos de tarde-noite gratuítos (ata 300 prazas). Saída 21:00 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 20:30. Retorno estimado: 1:30 da madrugada, na Praza do Rei. Desprazamento autobús urbano.

IV Andaina polos Montes de Vigo (28 maio)

Un dos maiores patrimonios naturais de Vigo é o cinto de montes que o delimitan e, no seu seo, os Parques forestais que as comunidades de montes conservan con tanto mimo.

Este valor patrimonial foi posto en valor coa creación do Sendeiro Panorámico de Vigo (GR-53) e, arredor seu, cos sendeiros locais de Vigo.

Por cuarto ano consecutivo circularase por este entramado de sendeiros para salientar a importancia do monte en Vigo.

Os detalles das actividades programadas publicitaranse a partir do 2 de maio.

Hortas urbanas de Vigo

Horta-escola de Sardomela (a carón do Colexio Sello - Cabral)

  • Martes 10-13h e venres 16-19h

Horta-escola de Fontáns (Lavadores)

  • Mércores 16-19h e sábados 10-13h

Horta-escola de Ramón Nieto I

  • Mércores 16-19h e sábados 10-13h

Horta-escola de Pedro Alvarado (Teis)

  • Xoves 16-19h e sábados 10-13h

Horta-escola de Navia  

  • Martes 16-19h e sábados 10-13h

Horta-escola de Camelias  

  • Martes 16-18:30h

Horta-escola en Vigozoo / Horta-escola de Casa da Xuventude.

  • Horario asignado a cursos e actividades de voluntariado

Requisitos para participar nas hortas-escola da relación anterior: ter Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude nos cursos. Gratuíto

Horta-escola de Ramón Nieto II

  • Horario asignado a alumnado de 2º nivel.
  • Prazas: segundo dispoñibilidade do espazo. Gratuíto.
  • Requisitos: ter participado no último ano nunha horta-escola e asistir ao Curso de hortas urbanas 2º nivel (data a determinar).

Máis información sobre hortas na solapa "Hortas urbanas de Vigo" de caminoacaminovigo.blogspot.com.