Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Plataforma de Edición de Proxectos

Os proxectos técnicos en formato dixital deberán achegarse en formato PDF asinados polo seu autor ou ben visados polo correspondente colexio profesional. 

A plataforma de edición de proxectos é unha aplicación que facilita a presentación telemática de proxectos técnicos en formato dixital. Permite editar un proxecto con distintos arquivos dixitais en formato PDF, seguindo unha estrutura predeterminada, asinalo electrónicamente e envialo á Xerencia Municipal de Urbanismo. 

A plataforma de edición de proxectos non é un rexistro electrónico, senón unha ferramenta que permite asinar e subir un proxecto a un repositorio a disposición da XMU. A aplicación proporcionaralle un código que deberá incluír na solicitude de licenza urbanística ou comunicación previa. Unha vez rexistrada no Rexistro da XMU unha solicitude de licenza ou unha comunicación previa co devandito código, a Xerencia descargará o proxecto e incorporáseo á solicitude ou comunicación. 

Unha vez instalada a aplicación plataforma de edición de proxectos no seu ordenador, o primeiro paso é rexistrarse co seu DNI electrónico ou certificado dixital recoñecido pola plataforma de validación de @firma. Só é necesario facelo a primeira vez. 

Unha vez rexistrado poderá identificarse co seu certificado e acceder á aplicación para editar o seu proxecto e envialo á Xerencia. 

A aplicación permite ter en edición varios proxectos simultaneamente. Unha vez confirmado o proxecto non se poderán realizar cambios. 

O nome do proxecto deberá indicar o tipo de proxecto : Proxecto básico, Proxecto básico e execución, proxecto reformado de básico, proxecto de legalización, proxecto de derruba, proxecto de parcelación etc : exemplo "Proxecto básico de vivenda unifamiliar en Toxo nº23, Beade". 

Os arquivos dixitais que compoñen o proxecto técnico deberán responder a seguinte estrutura: 

  • Memoria: cada capitulo da memoria deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido. 
  • Planos: Cada plano deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido. 
  • Orzamento: incluirase un arquivo PDF cun resumo do presuposto por capítulos. 
  • Outros documentos: cada documento será un arquivo PDF. 

O tamaño máximo de cada arquivo será de 10 Mb.

O nome dos arquivos estarán compostos unicamente por letras e números e non poderán incluír caracteres especiais nin acentuados.