Volver á paxina principal

Servizos Sociais: Plan local sobre drogodependencias e outras adiccións

O II Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións 2006-2008 (PLDA 2006-08) de Vigo é un documento de consenso, elaborado por técnicos e técnicas das entidades vinculadas coa prevención, asistencia e incorporación social nesta materia e que conforman, xunta co Concello de Vigo, a estructura organizativa do PLDA.

No documento propóñense obxectivos e estratexias de intervención a nivel local, no ámbito das conductas adictivas e da súa problemática asociada.

Oficina técnica do PLDA - Equipo de Prevención
Enderezo: Rúa Quintela, 31 - 36209 Vigo
Teléfono: 986 276 008
e-mail: plda@vigo.org

Para a elaboración do PLDA 2006-2008 as técnicas e os técnicos tiveron en conta, ademais do propio coñecemento persoal derivado da súa práctica profesional, a experiencia do I PLDA 2002-2004, as conclusións do primeiro Estudio epidemiolóxico sobre drogodependencias e outras adiccións en xoves de 14 a 21 anos no Concello de Vigo, levado a cabo polo equipo do profesor Elisardo Becoña, da Universidade de Santiago de Compostela, co patrocinio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e as achegas realizadas por asistentes as V Xornadas do PLDA a través dos grupos de traballo organizados ao efecto.

O PLDA 2006-2008 pretende ser un instrumento de coordinación entre as entidades prestatarias dos servizos e as diferentes administracións implicadas, perseguindo a maior eficiencia dos recursos dispoñibles, mediante a colaboración e complementariedade dos seus dispositivos, programas e accións.

Lista de trámites

Centro de atención para drogodependencias do Concello de Vigo (CEDRO)

“CEDRO” é o centro de atención para drogodependencias do Concello de Vigo.
Desde CEDRO ofrécese información, orientación, diagnóstico e tratamento de drogodependencias.

Abordamos o problema da drogodependencia desde un enfoque multidimensional, mediante unha metodoloxía de atención multidisciplinar coordinada, con personalización do plan terapéutico individual, que combina estratexias médico-psiquiátricas, psicológicas e sociais.

Realizamos unha evaluación diagnóstica integral para determinar as necesidades de intervención específicas en cada usuario e as prioridades á hora de establecer os obxectivos terapéuticos.

Tratamos de ofrecer unha resposta adecuada para cada unha das etapas diferenciadas do proceso terapéutico:

1. Desintoxicación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia física.

2. Deshabituación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia psicológica.

3. Reinserción, ou proceso de rehabilitación da autonomía social.