Escudo Concello de Vigo

Servizos Cidadanía

Infancia

Neste apartado de infancia preténdese informar aos pais, nenos e nenas de todas as actividades, centros de educación, escolas infantís, ludotecas,.. que hai no Concello de Vigo desde os 0 ata os 12 anos.

  • Escolas infantís (0-3 anos): contén unha listaxe de todas as escolas infantís (municipais, dependentes da Xunta, dependentes de entidades de iniciativa social, co cheque infantil e privadas) que hai en Vigo.
  • Escolas infantís e de primaria (3-12 anos): diferencia os tipos de centros educativos que hai na cidade, segundo para que idade, e información detallada sobre cada un deles.
  • Espazos de lecer infantís: definición de espazos de lecer infantís (que son, para que serven, como funcionan,..) e información sobre cada unha dos espazos de lecer infantís municipais que hai en Vigo.
  • Actividades: todo tipo de actividades que se ofrecen na cidade, desde os museos, bibliotecas ata as escolas municipais (música, danza, teatro) e o Organismo Autónomo Municipal "Vigo-Zoo".
  • Axudas de Infancia e Familia: listaxe de axudas dirixidas ás familias con fillos pequenos, con información sobre cada unha delas, quen pode solicitalas e como facelo.
  • Atención domiciliaria da Infancia: servizo dependente da Concellaría de Igualdade, consistente no coidado persoal das fillas e fillos menores de dez anos.
  • Lexislación: contén información xurídica relacionada coa infancia.
  • Enlaces de interese: direccións útiles para nenos, nenas e pais, tanto de lecer como informativas (axudas, subvencións,..).