Escudo Concello de Vigo

Limpeza

Lixo doméstico

Onde depositar o lixo doméstico

Deposítanse nos colectores de cor verde de 2.400 litros.

Que podo depositar

Nestes colectores podemos depositar todos os residuos domésticos orgánicos e de rexeitamento.

  • SI: restos de verduras, froita, peixe, carne e ósos, pousos de café, restos de infusións, comida sólida en mal estado, restos de flores e plantas, "serrín" de madeira natural, cascas de froitos secos, ovos e marisco, tapóns de cortiza, papel de cociña, servilletas de papel usadas, cabichas, comprimidas, cueiros, po de varrer, papel transparente, algodón, bolígrafos, lapis usados…
  • NON: residuos que poidan ser reutilizados, reciclados ou contaminantes.

Como colaborar

  • A bolsa dos restos orgánicos ten que estar ben pechada para evitar malos cheiros.
  • Nunca abandones as bolsas á beira dos colectores.
  • Procura non tirar líquidos.
  • Recorda que hai un horario de depósito de restos orgánicos nos colectores da rúa.

Onde levan estes residuos

  • Estes residuos envíanse á Planta de Transferencia de Guixar.