Escudo Concello de Vigo

Patrimonio Histórico

Rosaleda

Ocupa o plano máis elevado dos xardíns. Recibe este nome por tratarse dun paseo dominado por roseiras, Rosa sp., de distintas variedades e portes.

Na súa fasquía actual esta zona é, a parte máis sofisticada do conxunto dos xardíns do Pazo de Castrelos. A isto contribúe a variedade de especies vexetais, autóctonas e exóticas coma , carballos (Quercus robur), camelias (Camelia japonica), mandarineira ( Citrus reticulata), xazmin (Jasminum mesnyi), naranxeira de Mexico (Choisya ternata), celindo (Philadelphus coronarius), Clematis flammula etc., que achegan, ademais do seu valor estético, os seus variados recendos.  A sucesión dos períodos de foliación e floración das árbores e mais os arbustos,producen un continuo cambio de paisaxe. Complementan a vexetación unha serie de elementos propios de xardíns como son bustos, escudos, arcos floridos, esculturas, vasos, placas...

As especies mais salientables deste xardín (agás das roseiras) son:

  • Pittosporum undulatum -pitosporo, aromática-
  • Rhododendron ponticum -rododendro-
  • Clematis flammula
  • Auraucaria excelsa
  • Camelia reticulata
  • Citrus reticulata  -mandarineira- 

Roseiral