Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Centro Municipal de Teis

Centro Municipal  de Teis

  • Dirección: Camiño Maceiras s/n, 36207 Vigo.
  • Teléfono: 986 266 030.
  • Fax: 986 266 035.
  • E-mail: camteis@vigo.org
  • Web: http://asociacions.vigo.org
  • Horario: de luns a venres de 9:00 a 13:30, e de 17:00 a 22:00 horas. Sábados de 10:00 a 13:00 horas y de 17:00 a 22:00 horas.

Inaugurado o 14 de outubro de 2002.

Destaca deste Centro: o Auditorio, o Aula-Taller de cociña e a realización de numerosas e variadas actividades, levadas a cabo ao longo de todo en ano, atendendo ás demandas de lecer e formación de todas as idades e colectivos: mocidade, maiores, mulleres, etc.

Oficina Municipal de Distritol (OMD): Oficina integrada no propio Centro Municipal, punto de información xeral para todos os veciños e veciñas, especialmente dos arredores.

Centro Municipal de Internet (CMI):

  • Aula de novas tecnoloxías:
  • Capacidade: 16 persoas.
  • Equipamento: 8 computadores, impresora láser, escáner e gravadora.
  • Acceso a internet por banda ancha.
  • Computadores de uso libre e gratuíto para conectarse a internet (máximo unha hora ao día).
  • Conexión inalámbrica. (WIFI) gratuíta.
  • É necesario facerse un carné:
    • Presentar DNI e unha fotografía.
    • Válido para todos os Centros Municipais: préstamo de libros e CMI
    • É gratuíto e non necesita renovación.
  • Normativa: normas para facilitar o correcto funcionamento dos CMI.

Biblioteca:

  • Biblioteca e sala de estudo con aforamento para 12 persoas.
  • Servizo de préstamo de libros.
  • É necesario un carné de socio, válido tamén para uso do aula de internet.
  • Normativa: normas de funcionamento da biblioteca e servizo de préstamo domiciliario.

Instalacións:

  • Aula-Taller de cociña:
    • Capacidade: 20 persoas.
  • Sala de lectura con aforamento para 10 persoas.
  • Salón de actos con aforamento para 25 persoas.
  • Sala relacional: aforamento para 40 persoas, para conferencias e lectura.
  • Sala de reunións.
  • Auditorio con aforamento para 300 persoas e sala de conferencias para 35 persoas, situadas nunha edificación anexa con entrada propia.

Actividades:

  • Campamentos urbanos de verán para nenos e nenas durante as vacacións.
  • Saídas culturais para persoas maiores.
  • Cursos de informática, fotografía, cociña, corte e confección, arte floral e axilidade mental.
  • Cursos de música (gaita) e bailes: latino, salón, danza do ventre.
  • Cursos de ioga e taichi.
  • Actividades específicas para nenas e nenos: gaita, modelaxe con barro, debuxo: cómic-manga, teatro.
  • Centro e lugar de reunións de asociacións, comunidades de veciños e en xeral, de calquera colectivo que o solicite.