Escudo Concello de Vigo

Servizos Cidadanía

Igualdade

  • Oficina de Igualdade: Concello de Vigo.
  • Enderezo: Praza do Rei, 1. 1º andar. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 284
  • Fax: 986 430 082
  • E-mail: ofi.muller@vigo.org
  • Web: igualdadevigo.org
  • Horario: de luns a venres de 8:00 a 15:00h.

O Concello de Vigo, a través dos servizos municipais de atención ás mulleres, detecta as dificultades, necesidades e demandas diarias das mulleres para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar.

Unha vez identificadas e detectadas devanditas necesidades, desde a Concellería de Igualdade, o concello pon a disposición das mulleres, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade. Así mesmo, combina o labor asistencial co traballo formativo, desenvolvendo diversos programas, destinados a educar ás novas xeracións en valores que garantan a igualdade de oportunidades

A Oficina de Igualdade, situada no Concello de Vigo, xestiona a programación da concellaría, avalía as políticas de igualdade e fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo.

  • Teléfono da Muller 986 293 963 é un servizo municipal atendido por persoal especializado as 24 horas do día, asegurando información e asesoramento telefónico inmediato e preciso para mulleres, especialmente ás vítimas da violencia.
  • Consulta Xurídica on-line a disposición das mulleres, é unha dirección de correo electrónico: osnososdereitos.muller@vigo.org para realizar consultas xurídicas sobre dereito de familia, civil ou penal, malos tratos, discriminación sexual, acoso laboral, etc.
  • Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller é un servizo municipal de información e asesoramento ás mulleres. Nel desenvólvense programas específicos de apoio e atención ás vítimas da violencia e é porta de acceso a outros servizos municipais.
  • Casa das Mulleres é un espazo utilizado pola Concellaría, asociacións e colectivos de Mulleres, desde o que se imparten cursos, realízanse reunións, exposicións e conferencias.
  • A Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas ofrece ás mulleres vítimas da violencia e ás súas fillas e fillos, un espazo alternativo de convivencia, apoio asistencial xurídico e psicolóxico e un Programa de Apoio Económico á saída da Casa.
  • Puntos de Información son lugares desde os que se ofrece información xeral sobre servizos específicos para mulleres en materia de formación, traballo e recursos, e información específica ás mulleres vítimas de malos tratos.
  • Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos é un grupo de mulleres cuxa actividade principal consiste en prestar atención, apoio e acompañamento ás mulleres no proceso de concienciación e ruptura cos malos tratos.