Horarios:
- Horario de verán (1 de xuño ao 30 de setembro):
- Luns: pechado (agás festivos que rexerá o horario do domingo).
- Martes a xoves: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00.
- Venres e sábado: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:30.
- Domingo: 10:00 a 22:00.
- Horario de inverno (1 de outubro ao 31 de maio):
- Luns: pechado (agás festivos que rexerá o horario do domingo).
- Martes a xoves: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
- Venres e sábado: de 10:00 a 22:30.
- Domingo: 10:00 a 21:00.
Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro o Museo permanecerá pechado. Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro só abrirá en horario de maña.
Servicios:
- Visitas escolares con Unidades didácticas: 10:00, 12:00 e 16:00 de martes a venres.
- Visitas guiadas: fixas ás 11:00, 12:30, 17:00 e 18:30, fora destas horas, consultar.
- Guía da exposición dispoñible na web.
- Salón de actos.
- Aparcamento e aseos para minusválidos.
- Tenda.
- Consigna.
- Aseos con cambiadores para bebes.
Tarifas:
As entradas teñen validez por un día. A entrada Xeral ten acceso a tódalas instalacións.
- Xeral: 3€
- Xeral reducido: 1.50€ (Estudante, xubilados, parados e grupos de máis de 10 persoas menores de 18 anos).
- Prezo por Unidade Familiar: 5.00€
- Entrada gratuita: nenos menores de 8 anos e grupos de colexios.
- Acuario: 2.00€
- Acuario reducido: 1.00€ (Estudante, xubilados, parados e grupos de máis de 10 persoas menores de 18 anos).
- Exposicións temporais: 2.00€
- Exposicións temporais reducido: 1.00€ (Estudante, xubilados, parados e grupos de máis de 10 persoas menores de 18 anos).
O Museo do Mar de Galicia, situado na Punta do Muíño, en Alcabre, naceu coa vontade de ser unha sede dedicada ao mar. É un ambicioso proxecto cultural e científico inaugurado en xuño do 2002 e deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e o galego César Portela.
Pódense distinguir até seis partes: o xardín; un conxunto de cinco naves rehabilitadas; unha praza empedrada que permite a comunicación entre as praias; un edificio de nova planta, construído sobre o linde dunha parcela gañada ao mar; un porto no que se sitúa o acuarium; un faro, e o propio mar que envolve a construción.
O Museo distingue un ámbito gratuíto inicial, onde o visitante entra en contacto co mar, e a exposición permanente de pago, centrada na historia económica e social do desenvolvemento da industria pesqueira galega, abarcando seccións sobre a extracción, conservación e comercialización dos produtos pesqueiros. Conta ademais cun acuario, onde se amosan os ecosistemas das rías galegas, e un xacemento arqueolóxico. Os vestixios deste xacemento fálannos das explotacións dos recursos pesqueiros xa desde épocas prehistóricas, fío condutor da exposición permanente do museo.
