Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Orientación laboral

Xestión do Servizo de Orientación Laboral

  • Enderezo
    • Nas Oficinas Administrativas da Concellería de Emprego. Praza do Rei 1 4º. 36202.Vigo
    • No "Centro Local de Emprego e das Ocupacións". Rúa do Porto 1 (2ª planta.36202.Vigo
  • Teléfono: 986 810 232/34
  • Fax: 986 810 162.
  • E-mail: sol@vigo.org

O Servizo de Orientación Laboral (SOL) contémplase como un instrumento para informar, apoiar e asesorar nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas a través de accións individuais e grupais que contribúan a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

Trátase de achegar un servizo integral no que se combinen políticas de emprego e inserción pensadas para dar resposta a aquelas persoas que desexen mellorar o seu emprego, reconducindo a súa carreira profesional.

Consiste nunha serie de actuacións para darlles servizo ás persoas usuarias do servizo, que contemplen un amplo abano de perfís das persoas que busquen traballo, e que conxuguen coas necesidades das empresas, buscando a colaboración co tecido empresarial da cidade.

Como se accede ao servizo?

Con cita previa. Esta cita pode ser solicitada telefonicamente, correo electrónico ou ben, acudindo persoalmente as oficinas da Concellaría de Emprego ou ao Centro Local de Emprego e das Ocupacións.

Como funciona o SOL?

O Servizo de Orientación Laboral (SOL) atende de xeito persoal ás persoas desempregadas que se achegan ás oficinas administrativas da concellaría ou ao Centro Local de Emprego e das Ocupacións. Mediante unha entrevista ocupacional, os orientadores e orientadoras laborais rexistran os datos básicos de cada demandante, realizando un diagnóstico das súas condicións de ocupabilidade. Este proceder completarase, de ser o caso, cunha proposta de derivación a algún dos programas de emprego que desenvolve a concellaría ou a outras entidades e aos grupos de busca de emprego. A existencia de programas de formación e inserción laboral, tanto de xestión directa do concello, como subvencionados dende outras administracións, permite dispor dun número importante de recursos que axuden os usuarios e as usuarias do SOL á consecución dos seus obxectivos.

Características deste servizo.

As principais características do Servizo de Orientación Laboral son:

  • Atención personalizada.
  • Diagnóstico ocupacional.
  • Titoría individualizada.
  • Desenvolvemento dos aspectos persoais para a ocupación.
  • Derivación a programas de emprego, tendo en conta a situación persoal.
  • Accións grupais de busca de emprego, entre as que cabe destacar:
    • Itinerarios de orientación laboral e redes sociais.
    • Achegamento ao mercado laboral.
    • Emprego, web 2.0 e redes.
    • Rede de traballo.

 O Servizo de Orientación Laboral (SOL) do Concello de Vigo dispón de ferramentas metodolóxicas e documentais contrastadas para a realización deste traballo, contando co equipamento informático e bibliográfico da Concellaría de Emprego.