Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Obradoiros

Obradoiros de Emprego.

Os obradoiros de emprego son proxectos de carácter temporal nos que a aprendizaxe e a cualificación se alternan co traballo produtivo en actividades de interese público ou social que permitan a inserción a través da profesionalidade e adquisición de experiencia das e dos participantes.

Os obradoiros de emprego terán unha duración mínima de seis meses e máxima dun ano. Unha vez transcorrido o prazo de duración previsto na correspondente resolución aprobatoria entenderase finalizado o proxecto de “Obradoiros de emprego”.

Dende o inicio do “Obradoiro de emprego” os/as alumnos/as traballadores/as serán contratados polas entidades promotoras, para que se utilizará como modalidade contractual máis adecuada a do contrato para a formación.

A duración dos contratos de traballo subscritos con alumnado traballador non poderá exceder á data de finalización do proxecto do “Obradoiro de emprego”.

O alumnado traballador percibirá as retribucións salariais que lle correspondan, de conformidade co previsto na normativa aplicable.

Durante o desenvolvemento do “Obradoiro de emprego” o alumnado traballador recibirá formación profesional ocupacional axeitada á ocupación que desempeñen.

Obradoiro de emprego "VIGO ATENDE"


  • Enderezo: Centro Cultural de Valadares. Estrada Valadares 261. 36315.Vigo
  • Teléfono: 986 810 232.
  • Fax: 986 810 162.
  • E-mail: ofi.emprego@vigo.org

Xestión do Obradoiro "Vigo Atende":

Subvención concedida pola Xunta de Galicia: 33.030,04 €

Inicio do Obradoiro: 2812/2012

Remate do Obradoiro: 27/06/2012

Dirixido a persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia cunha idade igual ou superior a vinte e cinco anos, cunha duración de 6 meses.

Ten tres especialidades:

  1. Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  2. Cociña
  3. Restaurante-bar

Beneficiarios/as:

  • 38 alumnos/as-traballadores/a

Actividades complementarias:

  • Educación ambiental.
  • Sensibilización en igualdade de xénero.
  • Alfabetización informática.
  • Básico Previncios de Risgos Laborais.
  • Orientación, asesoramente e información profesional e formación empresarial.